Servizos xerais

O PP esixe ao goberno local solucións inmediatas no 010 ao coñecer que xa non funciona este servizo

By 16 Maio, 2022Sin comentarios

Sagrario Sánchez amósase moi crítica coa “neglixente actuación” do goberno local que segue sen sacar a concurso os pregos do servizo mentres permite que este non se preste aos cidadáns

O pasado venres, o Grupo Municipal do Partido Popular instaba ao goberno local a sacar a licitación os pregos do servizo 010 para regularizar o servizo e atender o 100% das chamadas que se fan a diario e, trala fin de semana, “atopámonos con que xa non se atende ningunha ao desaparecer o servizo”.

Explica Sagrario Sánchez que “os lucenses que hoxe chaman a este teléfono de información municipal so poden escoitar unha gravación que informa dos teléfonos da Policía Local e dos Bombeiros”.

O goberno local “tivo tempo suficiente” dende que o pasado 8 de marzo o servizo deixase de funcionar trala “fuxida” da empresa que xestionaba o 010, “pero como en moitos asuntos municipais a total falta de traballo do goberno de Lara Méndez acaba pasando factura aos lucenses”.

Ante esta situación Sagrario Sánchez é contundente: “xa non vale a escusa de ‘estamos traballando no novo contrato’. Tiveron tempo suficiente para sacar a licitación os pregos e a única realidade é que non se presta este servizo de información municipal”.

Recorda a concelleira popular que ata o pasado venres só se atendía en torno ao 80% das chamadas, “pero agora xa non se atende a ninguén”.

Responder

nine + five =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies