InfraestruturasMedio Ambiente

O PP esixe ao goberno local o arranxo inmediato do paseo do Miño para evitar calquer perigo aos cidadáns

By 18 Agosto, 2019Agosto 20th, 2019No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia o “lamentable estado” no que se atopa o paseo do Miño, sobre todo ao seu paso ao carón do Balneario, unha zona moi deteriorada e que pode supoñer un grave perigo para a integridade dos centos de lucenses e turistas que a diario pasan por esta zona

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia o “lamentable estado” no que se atopa o paseo do Miño, sobre todo ao seu paso polo Balneario de Lugo, unha vía que empregan a diario centos de lucenses e turistas para pasear ou facer deporte e que supón un grave perigo para a integridade das persoas.

Os populares explican que hai anos que o goberno local “non se preocupa nin o máis mínimo” polo estado desta vía, polo que a imaxe que da “é lamentable”. O camiño está desfeito e hai que se agarda por algún tipo de arranxo, “actuación que nunca chega”.

O deterioro vai en aumento co paso das semanas, xa que ás inclemencias meteorolóxicas do outono e o inverno hai que sumar que son centos os lucenses que empregan esta zona para facer deporte, polo que é normal o seu deterioro. “O problema chegará cando alguén se faga dano de verdade porque no estado que se atopa so é cuestión de tempo que teñamos que lamentar algún accidente”, explican.

Por iso, dende o Grupo Municipal Popular esixen ao goberno bipartito “unha actuación inmediata” nesta zona para evitar calquer perigo á cidadanía e, sobre todo, para poñer en valor unha zona de gran beleza e así comezar a dar ao río a importancia que realmente ten.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies