Servizos sociaisServizos xerais

O PP esixe ao goberno bipartito que reinicie a licitación das pantallas dixitais de información pública

By 31 Xullo, 2019Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Sagrario Sánchez sinala que despois de que quedara deserto a licitación deste contrato, o goberno bipartito de Lugo non fixo nada por sacar de novo a concurso este contrato, a pesar das numerosas e reiteradas peticións dos lucenses por instalar de novo este tipo de termómetros

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, pide ao goberno bipartito de Lugo que reinicie a licitación do contrato dos paneis de información pública da cidade despois de que o concurso quedase deserto.

Sagrario Sánchez pide ao goberno bipartito de Lugo celeridade na contratación dos novos paneis informativos, ademais de “altura de miras e valentía” para que o prego do novo contrato recolla, entre outras medidas, que os novos paneis sexan multimedia para poder dar máis información aos cidadáns, ademais da hora e da temperatura.

A concelleira popular sinala que en moitas cidades de España xa se empregan este tipo de paneis multimedia e pon como exemplos de información que se proporciona a información emitida por parte dos concellos aos cidadáns, como anuncios ou bandos, as actividades programadas por asociacións locais, información relevante para os cidadáns como os niveis de alerxia ou información sobre o tráfico, o número de prazas dispoñibles nos aparcadoiros soterrados ou mesmo a calidade do aire, datos que poderían variar en función da época do ano.

Sagrario Sánchez explica que hai cidades que empregan pantallas de gran tamaño e resolución Ultra HD, o que facilita a súa visión para os cidadáns, e teñen unha configuración cunha cara dixital para expoñer toda a información, amosada dun xeito dinámico, mentres que a outra cara adoita empregarse para publicidade, ben sexa de xeito dixital ou con publicidade estática en formato papel.

A concelleira popular urxe ao goberno municipal a redactar os novos pregos do contrato e a sacalos a licitación “no menor prazo de tempo posible” xa que dende que se retiraron da vía pública os cidadáns amosaron en numerosas ocasións o seu malestar xa que “aportaban información útil” no día a día dos lucenses, polo que recuperar estes paneis e mellorar a súa información “é fundamental” para aportar un bo servizo aos lucenses.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies