Educación

O PP esixe a Lara Méndez a cobertura inmediata dos conserxes que faltan en tres CEIP de Lugo

By 14 Setembro, 2022Sin comentarios

Os populares acusan á rexedora de mala xestión porque os CEIP Rosalía de Castro, Illa Verde e Paradai non teñan aínda conserxes, unha semana despois de iniciarse o curso, a pesar de que no goberno local tiñan constancia da necesidade de cubrir estes postos dende hai meses

O Partido Popular esixe a Lara Méndez a cobertura inmediata das tres vacantes de conserxe que hai nos CEIP Rosalía de Castro, Paradai e Illa Verde que, unha semana despois de comezar o curso, seguen sen contar con estes traballadores.

Explican os concelleiros populares que estas tres vacantes débense a dúas xubilacións (CEIP Rosalía de Castro e Paradai), comunicadas en tempo e forma polos propios traballadores, e a outra a unha baixa de longa duración (CEIP Illa Verde) polo que “no goberno local non teñen escusa algunha para xustificar estas ausencias”.

O que está a ocorrer agora é que Lara Méndez deu orde a algúns traballadores municipais de abrir e pechar estes centros o que provoca unha dobre desatención xa que nos centros escolares non hai conserxe e as persoas que abren e pechan os centros non poden atender as súas funcións nas dependencias nas que deberían de facelo.

No caso do CEIP Rosalía de Castro o que está a suceder “roza o esperpento” xa que na apertura do centro comeza a sonar a alarma durante uns 30 minutos ata que chega a dirección a desconectala”.

No caso do CEIP Paradai xa nin se envía a un conserxe xa que dende o centro afirman que a persoa que abre o colexio presentouse como “repartidor de loxística do Concello de Lugo”.

Responder

8 + eighteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies