ObrasTráficoUrbanismo

O PP discrepa coa idea do goberno local de cambiar o tráfico de Santo Domingo para que pase por diante do convento

By 6 Xullo, 2023Sin comentarios

Os populares, que compareceron en rolda de prensa nun dos lugares onde está prevista unha das tres actuacións financiadas con fondos europeos, explicaron a iniciativa que presentarán no pleno de xullo con varios documentos gráficos onde se detallan os cambios que solicitan.

Son propostas que supoñen “unhas mínimas modificacións, que non van incrementar prazos de execución, nin o custo de adxudicación xa que en ningún caso suporán un modificado de proxecto e que pivotan sobre dous eixos: conservar as superficies axardinadas e os elementos asociados á memoria histórica de espazos que teñen vida propia”.

As achegas que se presentan son froito do consenso logo de manter nos últimos días reunións con entidades como a Plataforma Zona Centro; ADEGA, Asociación de Repartidores, Asociación Provincial de Hostalería e Lugo Monumental .

PROPOSTAS

Os populares avogan por conservar as zonas axardinadas que existen “algunhas delas son espazos emblemáticos que desaparecen sen xustificación”

Tamén reclaman que “se dea unha pensada ao mobiliario urbano e que se seleccionen bancos con respaldo e para uso colectivo” e indican que “se opoñen a que se retiren elementos que forman parte da memoria histórica como a fonte da praza de San Fernando”

Tamén solicitan o deseño dun plan de tráfico adaptado aos novos espazos urbanos que resulten das intervencións previstas no casco histórico e apoian ao sector da distribución que reclama zonas de carga e descarga para facilitar o seu traballo

REPLANTEXAR PROXECTOS

As obras de peonalización do casco histórico (Praza de Santo Domingo, Praza do Ferrol e rúa Montevideo) “deben facerse co máximo consenso posible” xa que “estamos falando de actuacións nas que se gastarán 6M€, 1.000 millóns das antigas pesetas, e que cambiarán por completo a mobilidade e a forma de vida do centro de Lugo”

Elena Candia afirma que “se ben é meritorio que o goberno local consiga fondos públicos para Lugo, resulta erróneo o plantexamento dos proxectos” engadindo que “estamos a tempo de revisar as intervencións que están programadas” e reflexionando que “podemos solucionar as improvisacións, e poñer coto ao despilfarro en cuestións sen sentido que o goberno local pretende executar para xustificar a achega de fondos europeos”

O concelleiro popular explicou algunhas cuestións que considera se deberían replantexar como por exemplo, que se vaia a colocar unha lámina permeable drenante encima dun aparcamento; a elección de bancos sen respaldo, individuais ….que se eliminen zonas axardinadas, ou o uso de alcorques metálicos en lugar de solucións axardinadas

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies