O PP di que o plan de limpeza de Méndez e Arroxo é un fraude

By 9 Setembro, 2021Cultura, Limpeza

O PP lamenta que no Plan de Limpeza que activou o bigoberno de Lugo se pase por alto tanto o solar do auditorio como a beirarrúa que rodea esta infraestructura. O venres 27 de agosto fíxose a limpeza das medianas e o parque Marcos Cela pero a alcaldesa e o vicealcalde “nin se molestaron en pedir que se eliminasen as herbas de medio metro que hai na beirarrúa colindate ao auditorio e tampouco retiraron a maleza que cubre baldosas desta zona en todo o perímetro”.

Os populares lembran que dende hai un ano e tres meses que PSOE e BNG teñen as chaves do edificio e que a alcaldesa dixo públicamente que se abriría tralo verán.

Para os populares o feito de que deixen que a maleza das beirarrúas xa se mimetice coa xungla que hai dentro da finca valada na que está o auditorio é unha proba evidente de que neste 2021 non vai a abrir o novo auditorio de Magoi.

Os populares explican que os veciños están perplexos e din que é unha vergoña que os máis de 20 M€ que a Xunta investiu nesta dotación tan reclamada pola sociedade lucense e pola que tanto “socialistas como nacionalistas se rasgaban as vestiduras alegando que Lugo era a única gran cidade de Galicia sen un audiorio en condicións, agora que teñen o edificio son incapaces de poñelo a funcionar e de facer unha programación digna e para todos os públicos para dárlle un contido de nivel no que se implique a toda a provincia”.

 

Leave a Reply

nineteen − ten =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies