Mercado e Praza de Abastos

O PP di que o goberno local prioriza recadar fondos polos postos que se instalen en Frigsa, en lugar de mellorar as condicións do mercadillo

By 24 Abril, 2024Sin comentarios

MÉRCORES 24 DE ABRIL DE 2024

  • O concelleiro popular Gustavo Díaz lamenta que ao goberno local só lles preocupe recadar sen ter en conta as dificultades económicas que poden ter os vendedores ambulantes que participan neste mercadillo xa que arestora “o goberno local lles cobra a taxa anual por colocar os seus postos no recinto de Frigsa e para a maioría supón un importe moi elevado”.

 

  • No PP pensamos que mercadillos como o de Frigsa deben de ser espazos de dinamización económica e, por iso, defendemos que hai que mellorar as condicións do recinto.

 

  • Gustavo Díaz recalca que “é preciso que se coloquen dispositivos móviles de aseos para garantir a hixiene no recinto, así como unha maior difusión e publicidade por parte do concello para aumentar a súa visibilidade e atractivo.

 

  • Se calculamos os 70 mercados que hai en Frigsa ao longo do ano e tomamos como referencia un posto de 10 m2 en Lugo suporía un pago de 1.512 €. Se facermos este mesmo cálculo usando os prezos doutras feiras importantes de Galicia vemos como duplicamos a tarifa de Vigo; triplicamos a de Padrón, quintuplicamos a de Ourense e multiplicaríamos por nove a de Melide. (En Melide pagaríamos 177,40 ; en Padrón 476 en Vigo 700 € e en Ourense 315 € ).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies