O Garañón

O PP di que Méndez repercutirá a demolición das Torres aos lucenses: “esta é a 1ª cuota dunha hipoteca millonaria do PSOE”

By 16 Xuño, 2021Sin comentarios

Os populares agardan que este anuncio non sexa un novo farol de Méndez xa que “veu a avanzar o mesmo que dixo no ano 2018” polo que desconfían que “mentres Lara Méndez sexa a alcaldesa, desaparezan as torres que impulsou o PSOE no 2005 nas costas do parque con unha licenza ilegal”

O Partido Popular esixe a convocatoria urxente da Comisión de Urbanismo para que a alcaldesa explique cal é a solución urbanística máis vantaxosa, tanto dende o punto de vista estético como económico, para O Garañón porque o único que fixo Méndez nos seis anos que leva de rexedora “é vender os mesmos titulares, perdendo un tempo de ouro para tirar as torres e ordenar este entorno”.

Lamentan os concelleiros populares que “é moi doado invitar co diñeiro dos demais” e recriminan que “o millón co que se pretende pagar a demolición o bigoberno será a primeira letra da hipoteca que nos deixaron Orozco e Besteiro e que agora asina Lara Méndez”. Os populares queren coñecer a canto vai ascender o importe final da factura, xa que haberá que indemnizar ao promotor, e preguntan se xa se chegou a algún acordo co impulsor deste edificio.

Os populares non comprenden o triunfalismo co que dende o goberno local despachan este asunto xa que o único que fan “é certificar que nunca foron capaces de liderar un proceso para buscar unha solución a esta desfeita urbanística creada por unha licenza ilegal negociada e asinada polo PSOE” lembrando como dende o Grupo Popular se presionou con diferentes peticións para que se avanzase en aras a reorganizar este espazo. “Pedimos a contratación dunha auditoría externa e tamén reclamamos cunha iniciativa en pleno a suspensión de licenzas na zona”, recordan.

“Agora venden como un éxito unha modificación de crédito cando nós levamos reclamando ano tras ano que se incorporasen partidas suficientes nos orzamentos”, manifestaron.

Dende o Partido Popular denunciamos xa, en agosto de 2005, a mole de formigón que os socialistas querían levantar nas costas do parque a conta dun convenio asinado polo PSOE co promotor”. O problema non era o Plan Xeral do 91 senón de como se xestionou xa que “cos votos dos concelleiros socialistas permitiuse que o volume se distribuise do xeito máis lesivo para os veciños edificando torres de 9 plantas nas costas do parque cando podían ter deseñado unha solución urbanística escalonada, como onte confirmou a alcaldea coas opcións que comentou”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies