Servizos sociais

O PP di que a dimisión do Xefe de Servizos Sociais certifica o fracaso do modelo Méndez-Arroxo

By 12 Abril, 2021Sin comentarios

López Silva afirma que “si en tres anos desfilaron tres Xefes de Servizos Sociais, está claro que o problema do que pasa neste departamento é responsabilidade do político que está ao fronte” e acusa a Racamode de “falta de diálogo e de talante”

O Partido Popular está preocupado pola desbandada de cargos no goberno de Lara Méndez. “Primeiro foi o concelleiro de urbanismo quen dimitiu por descontros coa alcaldesa e agora vén de coñecerse a renuncia do xefe de servizos sociais por diferenzas coa concelleira responsable desta área, Olga Racamonde” explicou Macamen López Silva.

A concelleira popular explica que “o xefe de Servizos Sociais tan só levaba no cargo dende outubro de 2020” lembrando que “en dous anos é o terceiro que renuncia a asumir esta tarefa”. Ademais a edil do PP indicou que dentro desta área xa se levan producido outras moitas baixas como as que tiveron lugar durante a pandemia en alusión  “á titular da xefatura de servizo, de sección e a da adxunta á xefatura”, agora ocupadas de forma provisional.

Os populares achacan esta situación “á falta de diálogo e ás continuas desavenencias de Racamonde co persoal do servizo” e temen que esta falta de talante provoque, no peor momento posible, problemas de operatividade “que poderían repercutir en retrasos de citas de asuntos que deberían responderse de forma inmediata”.

Dende o Partido Popular piden un cambio de actitude a Olga Racamonde e “máis diálogo construtivo” xa que o servizo podería resentirse e os perxudicados serán, coma sempre, os veciños e veciñas de Lugo.

Responder

2 × five =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies