Persoal

O PP desvela un novo varapau xudicial que certifica os “chanchullos” da alcaldesa en postos estratéxicos 

By 8 Xullo, 2022Sin comentarios

Tras coñecer o enésimo fallo en contra do Concello, o Partido Popular pide responsabilidades políticas á alcaldesa xa que “estamos diante dunha nova derrota xudicial pola anulación do nomeamento do Xefe do Servizo de Arquitectura” aclarando que “se trata dunha sentenza demoledora que da a razón ao dimitido concelleiro Miguel Couto”

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide valoraba esta mañá a sentencia que se vén de coñecer na que o xulgado contencioso administrativo nº2  anula o proceso de nomeamento do Xefe de Servizo de Arquitectura. O xuíz da a razón a unha das aspirantes a este posto que quedou excluída no seu momento indicando que “o Concello de Lugo debe recoñecer o dereito da recorrente a ser nomeada xefa de servizo e, por tanto, indica que se debe retrotraer o procedemento”.

No PP, dende o minuto un, cuestionaron o informe a medida que se fixo para que a alcaldesa bloquease este nomeamento para seguir formando a súa garda pretoriana. Para o PP esta derrota xudicial vén a dar a razón ao concelleiro de urbanismo, que dimitiu hai pouco máis dun ano, lembrando como “esta decisión, no seu momento, foi o detonante da crise aberta no seo do PSOE e deu pé a renuncia de Miguel Couto”. “A sentenza certifica a vendetta política contra un concelleiro socialista que lle empezaba a facer sombra a alcaldesa” reflexionaba o popular.

Os populares explican que “a cobertura desta vacante foi rocambolesca” e que as dúas únicas persoas que non asumiron esta manobra da alcaldesa, que eran o ex concelleiro de urbanismo e a vicesecretaria, están hoxe fóra do concello. A historia dos informes contradictorios é esperpéntica xa que, primeiro, había un con data do 5 de decembro de 2020 no que se propón a designación da aspirante que recorreu a praza; o 6 de decembro emítese un informe favorable de intervención e logo, por sorpresa,  o 19-12-20 Alvarellos di que non pode optar porque o seu primeiro posto era funcionario a tempo parcial. O 20 de decembro, un segundo informe de intervención, contrario ao primeiro, amosa a súa desconformidade cuestionando a legalidade da figura do funcionario a tempo parcial. O vicevoceiro popular pregúntase que foi o que pasou nese lapso de tempo para que a alcaldesa encargase informes contrarios ao inicial.

Para o PP esta sentenza é demoledora e confirma “a deriva na que está este departamento pola falta de xestión, o descoñecemento e a cerrazón de Lara Méndez a aceptar as propostas e a man tendida do PP que nos últimos meses rexistrou innumerables suxestións para axilizar a resolución de licenzas, recuperar a atención presencial entre outras accións”.

O PP pide arestora que a alcaldesa aclare se Méndez ten previsto recorrer a sentenza e piden explicacións “sobre a situación na que queda o departamento de arquitectura xa que, recentemente acaban de nomear outra xefa de servizo”. Para Ameijide “este enésimo varapau xudicial pon en dúbida tamén a manobra da alcaldesa de designar ao interventor municipal como coordinador xeral da área de Urbanismo xa que despois dun ano non hai resultados, nin se mellorou a atención nin a resolución de temas que limitan o investimento no noso municipio”. “Fracasou a folla de ruta da que tanto presume a alcaldesa e o malestar no sector da construcción, entre os técnicos e entre os veciños segue medrando xa que non se lles da ningún tipo de certezas para investir en Lugo”.

Responder

four × 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies