Mercado e Praza de Abastos

O PP desvela que un informe policial da a razón á reclamación do Grupo sobre os perxuizos que a carpa da Soidade causa aos comerciantes da Praza

By 8 Maio, 2021Sin comentarios

A concelleira Sagrario Sánchez Ramil lamenta que o bigoberno “se empeñe en dar carpetazo ás queixas dos comerciantes e hosteleiros da zona” e recrimina a PSOE e BNG “que creen novos problemas a un colectivo que xa ten moito que lidiar para superar os problemas consecuencia da covid”

A concelleira popular Sagrario Sánchez insiste en reclamar a retirada da carpa que o BNG instalou na Praza da Soidade e que está a xerar graves perxuizos a varios establecementos da zona.

Segundo o escrito da policía local “observamos que la distancia entre la carpa y el lateral del comercio es inferior a 1m lo que impide la vista de los escaparates allí ubiados e incluso el paso peatonal debido a los contrapesos de la carpa”.

Dende o Partido Popular se presentaron, ata en dúas ocasións, en Comisión peticións para que se buscasen outras fórmulas diferentes para ubicar o Mercado da Terra que provisionalmente se está montando nesta carpa. Sánchez Ramil explica que se podería utilizar un modelo similar ao do Mercado Navideño que se instalan na Praza Ánxel López “colocando casetas individuais na zona central deste espacio”. A concelleira popular lamentou a falta de empatía do bigoberno “déronlle carpetazo ao asunto e non lle solucionaron o problema aos comerciantes afectados”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies