InfraestruturasObras

O PP desvela que o TSXG anula a adxudicación do proxecto de reforma da Praza de Abastos

By 11 Xullo, 2017Xullo 18th, 2017Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP, Enrique Rozas, revelou que unha sentenza do Tribuna Superior de Xustiza de Galicia vén de dar a razón a Abadeus Arquitectura S.L.P que fora excluida durante a contratación

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, revela que a rehabilitación da praza de abastos de Lugo “pódelle sair” moi caro a tódolos lucenses xa que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de dar a razón a Abadeus Arquitectura S.L.P. que fora excluida  do proceso de contratación”.

Enrique Rozas revelou que na mesa de contratación se adxudicaron os traballos a Mercados Centrales de Abastecimiento S.A., quedando excluída na mesma Abadeus Arquitectura S.L.P.. Enrique Rozas recordou que nesa mesa de contratación o Grupo Municipal do Partido Popular “se abstivo na votación á vista do informe técnico e das puntuacións acadadas nalgún dos apartados”.

Abadeus Arquitectura S.L.P. interpuxo un recurso potestativo de reposición ante o Concello, que “foi desestimado en base ao acordado na mesa de contratación”. Tras este rexeitamento, a interpuxo unha reclamación xudicial, vía contencioso-administrativa, na que o xulgado contencioso-administrativo número 1 de Lugo deu a razón ao Concello.

O seguinte paso para Abadeus Arquitectura S.L.P. foi reclamar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que estimou o recurso de apelación contra a sentenza do xulgado contencioso-administrativo número 1 de Lugo. O tribunal considerou “estimar el recursos contencioso administrativo interpuesto en primera instancia por Abadeus Arquitectura SLP contra las referidas resoluciones del Concello de Lugo de 27 de diciembre de 2013, las cuales anulamos por ser contrarias a Derecho y debiendo retrotraer la Administración demandada el expediente de contratación para que una vez eliminada la anulada exclusión complete la tramitación de dicho expediente hasta dictar nueva resolución sobre adjudicación”.

Por iso, desde o Grupo Municipal do Partido Popular “pediremos aos servizos xurídicos do Concello que valoren o custo desta sentenza para as arcas municipais xa que o máis seguro é que haberá que indemnizar a Abadeus Arquitectura S.L.P.”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies