Infraestruturas

O PP desvela que Lara Méndez aprobará mañá deixar deserto o concurso da cafetería do parque mentres vai a gastar 500.000€ para facer outra na Fábrica da Luz

By 18 Abril, 2023Sin comentarios

Mar Carballas denuncia que Lugo segue a ter pechadas as catro cafeterías municipais que ten o Concello, ás do Vello Cárcere, parque Rosalía de Castro e as dos centros sociais de Fingoi e A Milagrosa, exemplo clarificador “da nefasta xestión de socialistas e nacionalistas á fronte do goberno municipal” 

A xunta de goberno local do Concello de Lugo aprobará mañá deixar deserto o concurso público para xestionar a cafetería do parque Rosalía de Castro, “un novo fracaso da xestión de Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo”.

Mar Carballas recorda que no Concello de Lugo seguen pechadas as catro cafeterías municipais que hai (Vello Cárcere, parque Rosalía de Castro e as dos centros sociais de Fingoi e A Milagrosa) “un rotundo fracaso” que Lara Méndez “empéñase” en aumentar ao ter previsto gastar 479.000€ de fondos europeos en facer unha nova cafetería municipal na Fábrica da Luz.

A concelleira popular sinala que os problemas coas cafeterías municipais nacen dunha mala planificación. A realidade é que hai moitos hostaleiros interesados na xestión destas cafeterías, pero os concursos quedan desertos porque as esixencias do goberno local sempre están fóra das necesidades do mercado.

Mar Carballas reclama unha nova licitación de todas as cafeterías municipais “cunhas condicións realistas e adaptadas ao sector hostaleiro de forma que permita un interese real por parte dos hostaleiros”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies