EconomíaTransparencia

O PP desvela que en 2020 o bipartito repartiu 6.7M€ en 1.343 contratos menores

By 2 Febreiro, 2021Sin comentarios

O concelleiro popular Antonio Ameijide asegura que “houbo empresas que chegaron a facturar preto de 440.000 € por este sistema” o que confirma a crítica dos populares de que “socialistas e nacionalistas abusan de forma sistemática deste modelo de contratos a dedo”

O Partido Popular desvelou que o bigoberno de Lugo repartiu durante o pasado exercicio 6.722.179,35 € en 1.343 contratos menores. O vicevoceiro popular explicou que a situación é moito peor do que preveíamos xa que “estamos a falar de que socialistas e nacionalistas repartiron ao día, con esta fórmula de contratos a dedo, 26.156 €”.

Os populares explican que, por fin,  tras moito tempo reclamando o acceso a esta documentación conseguiron á listaxe que lles facilitou o bigoberno. Lamentan que “sexa rudimentaria e moi opoca xa que, nesta listaxe, tan só figura o nome do obxecto do contrato, importe e adxudicatario pero nin se especifica a data da súa formalización, nin o departamento que fai a contratación, nin se se pediron máis ofertas”. Todo apunta a que o bigoberno utiliza a fórmula de “contratos a dedo saltándose o principio de igualdade que se supón debería aplicar”.

“Agora entendemos que non quixeran dar a coñecer os seus chanchullos” reflexionaba Ameijide tras atopar casos de empresas que chegaron a facturar por este sistema os case 440.000 €”.

Antonio Ameijide tamén criticou o gasto desorbitado para decorar o xardín do CEI-Nodus ao gusto do concelleiro de turno xa que “pagaron varias facturas de mobiliario para a plaza (9.222,50);  sombrillas (6.388,80); toldos (5989,50); vinilos, mupis (10.288,16 €); cinceiro exterior ((331,54 €); ambientadores (1070 €). Os populares insisten en que os caprichos do bipartito non teñen porque pagalos os cidadáns lembrando que “neste ano tan crítico é unha superficialidade facer este gasto”.

Tampouco é de recibo o gasto de 18.119,75 € nunca cata de viño no claustro da Catedral dentro da Feria Lucus in vino, Veritatis 2020. Aos populares tamén chámalles a atención “o uso abusivo desta fórmula de contratos no caso do San Froilán onde case se achega ao medio millón de euros”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies