Medio Ambiente

O PP desvela o pago de 35M€ polo ciclo da auga, un servizo sen contrato dende hai dez anos

By 2 Marzo, 2021Sin comentarios

O vicevoceiro popular denunciou que os gobernos socialistas, amparados polo BNG, levan pagado con reparos de legalidade, dende hai unha década, á concesionaria da xestión da depuradora e a potabilizadora de auga unha media mensual de 283.763 €

Para os populares o ciclo da auga é un dos exemplos máis escandalosos que confirma a denuncia que veñen reiterando dende hai anos de que temos un goberno en Lugo “que está encantado de  xestionar servizos públicos a través de empresas con contratos caducados e con pagos con reparos de legalidade”.

A empresa que se encarga da xestión da depuradora e a potabilizadora segue a enviar facturas mensualmente ao Concello pese a que o 23 novembro de 2011 rematou a relación contractual pola Estación Depuradora de Augas Residuais e, en febreiro de 2012, finalizou a vinculación polos traballos na Estación de Tratamento de Auga Potable

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide aclarou que “estamos falando dun dos servizos máis potentes pendentes de legalizar” e cuantificaba en preto de 35 millóns de euros o importe que levamos pagado con reparos de legalidade á concesionaria durante os últimos dez anos. Esta cifra obtense da media mensual do que estamos pagando pola EDAR  (156.613,86 €) e pola ETAP (127.149,61€).

Os populares pregúntanse “que intereses ocultos pode ter o bigoberno para manterse de brazos cruzados e mirando para outro lado  favorecendo a unha empresa privada que xestiona, o ciclo da auga sen contrato”.

Por último Ameijide lembrou o episodio de trato a favor da alcaldesa coa multinacional concesionaria do ciclo da auga do concello de Lugo cando “hai tres anos cando se negou a abrir un expediente por uso indebido do laboratorio da EDAR“ logo de que os populares destapasen que nestas instalacións municipais da Estación Depuradora de Augas Residuais se realizaban análises de auga doutros Concellos, algo que está totalmente prohibido no contrato”.

Os populares censuraron tamén que “mentres fixo a vista gorda das irregulariedades que cometeu a empresa nin se inmutou cando se sancionou sen emprego e soldo durante 60 día ao traballador que destapou este fraude  e mesmo despediu a outro deles”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies