O PP denuncia unha nova avalancha de queixas veciñais por cobros excesivos nos  recibos de auga

By 6 Maio, 2021Economía

Nas últimas horas chegaron ao Grupo Popular numerosas peticións de lucenses aos que se lles cargaron “contías desorbitadas por falta de lectura dos contadores” correspondentes á facturación do primeiro trimestre deste ano

O Partido Popular alerta dunha nova avalancha de queixas veciñais por cobros excesivos nos recibos de auga. O voceiro popular Ramón Carballo recriminou que PSOE e BNG “sigan sen inmutarse e permitan que se penalice aos veciños e veciñas de Lugo con contías desorbitadas, nalgúns casos,  na facturación do consumo de auga.

Dende o PP volven a brindarse para axudar aos afectados a presentar as reclamacións oportunas a través do correo electrónico grupomlugo.pp@lugo.gal. “Na pasada tanda de facturas, correspondentes ao último trimestre do ano 2020, asesoramos a un cento de lucneses para que presentasen reclamacións que, a día de hoxe seguen sen responder” engadindo que “este mutismo e a falta de colaboración do bigoberno para dar unha resposta a este problema nos leva a barallar a posibilidade de presentar esta cuestión diante do Valedor do Pobo”.

O que solicita o PP é que o Concello de Lugo “anule as taxas cobradas indebidamente e proceda a liquidalas de novo repartindo o consumo total do ano entre os catro trimestres, de forma que se manteña o espíritu da norma e se respecte o principio de  igualdade e proporcionalidade que na actualidade violaron de forma flagrante e intencionada, deixando ao contribuinte indefenso diante dunha situación allea a súa vontade e que podería ser un enriquecemento inxustificado da administración local que representan”.

Os populares lembran como na última comisión de suxestións “o persoal do servizo de augas alertou da falta de persoal administrativo e de lectores” asegurando que “non daban abasto”  recriminándolle a Méndez e Arroxo que esta situación é froito do “desmantelamento do servizo.

Leave a Reply

thirteen + 7 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies