Servizos sociais

O PP denuncia retrasos na tramitación e no pago das axudas ao aluguer

By 5 Agosto, 2016Sin comentarios

A concelleira popular Mari Teijeiro reclama que se axilice a tramitación desta liña de axudas xa que “non é lóxico que 21 familias, que entraron no programa de 2015, tiveran que agardar máis de medio ano para cobrar”

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita “unha maior axilidade á hora de convocar as vindeiras axudas municipais de alugueiro para evitar que se repitan casos de lucenses que cobran ata seis meses despois esta axuda”. Mari Teijeiro incidiu na necesidade de que “se examinen e completen todos os expedientes antes de resolver a adxudicación destas bolsas”.

A edil popular explicou que non é de recibo “a incertidume que sufriron 21 familias ás que se lles concedeu a axuda en 2015 e  que non a cobraron ata medio ano despois”.

Os populares tamén reclaman “que se axilice o sistema de pago mensual destas axudas para evitar  situacións delicadas entre os beneficiarios, xa que algúns víronse obrigados a pedir cartos prestados, ou pagar recargos bancarios por falta de liquidez”. A edil do PP reflexionou “se houbese unha sensibilidade real con estas familias  o goberno tería que evitar atrancos burocráticos que ralentizan o cobro destas subvencións”.

Teijeiro lamentou que a falta de dirección política  afecte ao pagamento, en tempo e forma, deste tipo de axudas” lembrando que “en anos anteriores, o ingreso da axuda se facía o día 20 de cada mes mentres que agora, cun pouco de sorte, se paga ao mes seguinte”. “É inxustificable que os socialistas non tomen cartas no asunto” explicou Teijeiro quen solicitou “un esforzo para mudar esta situación e recuperar o ritmo dos pagos de xeito que se facilite ás familias afectadas cumprir coas súas obrigas”.

A concelleira popular tamén pediu ao goberno local que non se esqueza das 49 familias lucenses que están en lista de espera da convocatoria das axudas ao alugueiro de 2015. Os populares suxiren que se utilicen os 46.200 € sobrantes dos orzamentos de 2016 para incorporar a estas familias ao programa. Teijeiro recalca que este ano o goberno non vai  abrir a liña de axudas de alugueiro municipal e que destinará os 220.000 € consignados para 2016 a pagar a prórroga de 2014 (139.500 €), para as 21 familias que entraron a maiores das que había en 2015 (32.400 €)   e para dar resposta a un recurso (1.800 €).

Para os populares “esta situación caótica de retrasos na tramitación en no pago de axudas non é algo illado” lembrando os casos que o Grupo Popular denunciou recentemente de pagos de cheques sen fondos para emerxencia social. A popular insiste en que o goberno local debe fixar “urxentemente” unha fórmula nova de funcionamento. “Se o Concello non mellora as canles de atención e concesión destas axudas, de pouco ou de nada servirá incrementar nos orzamentos as partidas tanto para alugueiros ou coma para emerxencia social” reflexionou Teijeiro.

Responder

14 − 8 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies