#LugoaExameAccesibilidadInfraestruturasServizos sociais

O PP denuncia que un ano despois a piscina exterior de Frigsa segue sen dispositivo de baño para persoas con mobilidade reducida

By 3 Agosto, 2023Sin comentarios

• No mes de outubro de 2022, a preguntas do Grupo Municipal do Partido Popular, a concelleira Sra. González Abelleira afirmaba en comisión que “a grúa estará dispoñible dende o primeiro día de apertura das instalacións”

• A día de hoxe, 2 de agosto, estas instalacións seguen sen estos dispositivos co conseguinte impedimento de acceso ao vaso para as persoas que teñen limitada a súa mobilidade

• Lugo debe contar cuns servizos axeitados para toda a veciñanza, polo que a piscina de verán de Frigsa tamén debe contar cunha grúa moderna que sexa útil para que calquera persoa que o precise poda empregala para facer uso do vaso de baño

• Gustavo Díaz pregunta ao goberno local se realmente pensan que Lugo é unha cidade amigable coas persoas se non facilitan a accesibilidade a un servizo fundamental no verán como é a piscina pública

• Os concelleiros Gustavo Díaz e Antonio Ameijide visitaron outras instalacións da provincia que dispoñen deste tipo de dispositivos para o baño

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies