TráficoXuventude

O PP denuncia que “por falta de previsión do bigoberno se paralizaron os cursos de educación vial do Parque de tráfico López Mella

By 30 Agosto, 2023Sin comentarios
  • 2000 alumnos de Lugo poderían quedar outro ano máis os sen cursos prácticos e teóricos de educación vial e alertan que “a falta de previsión do bigoberno podería pór en risco as clases para este curso escolar”
  • O vicevoceiro popular explica que “dende decembro que se xubiliou o encargado do Parque Infantil Lopez Mella suspendéronse as actividades divulgativas que se levaban impartindo dende hai 27 anos de forma ininterrompida”
  • As últimas actividades desenvoltas polo goberno local en materia e seguridade vial impulsadas dende estas instalacións foron as clases teóricas que se impartiron no primeiro trimestre do pasado curso escolar (ano 2022) nos centros educativos que estaban inscritos no programa municipal

HISTORIA PARQUE LÓPEZ MELLA

  • Esta infraestructura fíxose cun goberno do Partido Popular, sendo alcalde Tomás Notario, e entrou en funcionamento no curso escolar do ano 1995-1996 con Joaquín García Díez.
  • O parque López Mella foi unha referencia a nivel estatal e foi un exemplo de dotación modélica “de feito a DGT remitía aos concellos que querían facer dotacións deste tipo no seu municipio para que se asesorasen e o tomasen como modelo”
  • Enrique Rozas lamenta o desprezo do bigoberno cara a estas instalación que alcanzoron un nivel de excepción xa que foi escollida ata en dúas ocasións para a celebración de dous campionatos de España de seguridade vial
  • De feito houbo algún ano en mandato de Orozco que se aceptou a proposta do PP para cubrir a zona onde se fan prácticas de condución para que se puidera utilizar todo o ano e tamén sempre houbo unha excelente colaboración coa Jefatura Provincial de Lugo que ofrecía un soporte importante para a celebración dos cursos incluso con entrega de material.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies