PersoalUrbanismo

O PP denuncia que pola falta de traballo de Álvaro Santos os veciños de Marqués de Ombreiro pasarán toda a fin de semana sen auga corrente

By 18 Xaneiro, 2020Xaneiro 20th, 2020Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo denuncia que mentres centos de lucenses quedaron sen auga durante a fin de semana no barrio da Cheda debido a unha rotura na tubaxe de subministro, Álvaro Santos, o concelleiro responsable dese área, de novo quedou de brazos cruzados, situación que se repetiu hai poucas semanas na rúa Rei Don García

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, criticou duramente a falta de traballo do concelleiro de medio ambiente, Álvaro Santos, despois de que por mor dunha nova rotura na tubaxe de auga municipal os veciños de Marqués de Ombreiro pasarán toda a fin de semana sen auga corrente.

Ramón Carballo lamentou a situación que de novo teñen que vivir veciños de Lugo xa que debido ao constante desmantelamento das diferentes brigadas municipais, como é a de augas, son os lucenses os que teñen que sufrir as consecuencias.

O voceiro popular foi moi crítico coa actuación de Álvaro Santos que de novo quedou sen facer nada ante unha nova rotura da tubaxe de auga municipal, como sucedeu hai poucas semanas na rúa Rei Don García. “En lugar de solucionar a situación en poucas horas para minimizar as molestias aos veciños, repítese a situación. É incrible como o señor Álvaro Santos se lava as mans en todos os asuntos da súa área, pero o peor é que a súa superior, a alcaldesa, de novo non fai nada por corrixir a súa deficiente actuación e poñer orde na súa concellería”, afirmou.

Ramón Carballo recorda que é unha barbaridade que se sigan a dar situacións así no Concello de Lugo, sobre todo cando o goberno local conta con máis de 40M€ dispoñibles en caixa, polo que non debería ser un problema a contratación dun servizo de urxencia para arranxar unha rotura nunha tubaxe. Ademais, recorda a necesidade de crear un plan de emerxencia municipal para arranxar avarías en fin de semana.

Os veciños denuncian o sentimento de abandono que teñen xa que a única resposta que lles deron foi que ata o luns non se podería tratar o arranxo da rotura e como solución temporal o Concello habilitou un grifo na rúa para que se poidan surtir de auga en garrafas o que cualificaron como un “parche inservible”.

O voceiro popular sinalou que seguramente Álvaro Santos segue a buscar “o proxecto socialista para Galicia” xa que despois de afirmar hai poucos días que Gonzalo Caballero non o tiña, “quere seguir nesa loita interna no seu partido en lugar de traballar polo ben dos lucenses, que debería ser o seu cometido principal como concelleiro”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies