Obras

O PP denuncia que o Concello carga a uns veciños os custes de fugas de auga municipais

By 7 Febreiro, 2017Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “por un erro do Concello, que non bloqueou un antigo rego automático dunha zona verde, lle cobraron á unha comunidade de veciños da rúa Aquilino Iglesias Alvariño, preto  3.000 € por consumo de auga que estaba, en teoría, só destinada á limpeza dun portal”

O Grupo Popular acusa ao goberno local de actuar de forma “chapucera” provocando problemas innecesarios aos veciños lucenses. O concelleiro Antonio Ameijide realizou esta reflexión tras denunciar que “o Concello lle cargou preto de 3.000 € a unha comunidade de veciños da rúa Aquilino Iglesias Alvariño por un desmedido consumo de auga provocado por unha errónea intervención municipal”.

O vicevoceiro popular explicou que esta facturación é froito dun erro do Concello que “cando se fixo cargo da zona verde que tiñan estas vivendas para acondicionar uns xogos infantís esqueceuse de bloquear as distintas saídas de tubaxe de auga á zona axardinada xa que o concello só retirou a parte eléctrica do sistema”. Esta intervención tivo consecuencias económicas, anos despois, para os veciños das vivendas de promoción pública dos números 22-24-26 de Aquilino Iglesias Alvariño que “tiveron que pagar dúas facturas  de 1.528 € e de 817,60€ correspondentes ás lecturas do contador de auga que só está destinado a limpeza dos portais dos meses de xuño e de outubro”  . O popular subliñou que “estas desorbitadas contías, que lle carga o Concello  a esta comunidade, son consecuencia das distintas fugas soterradas de auga que se rexistraron na acometida do sistema de rego do xardín municipal.

Para os populares o máis indignante deste caso é que “o Concello, en vez de asumir esta exaserada factura, dá a calada por resposta aos veciños e mesmo tiveron que, pola súa conta, desconectar o sistema de rego do xardín público. Ameijide salientou que os afectados presentaron 1 escrito, o pasado 17 de outubro, dirixido ao servizo de infraestructuras, e ao non recibir resposta ás súas queixas reiteraron a súa demanda o pasado 2 de febreiro. A petición que fan para que o Concello se responsabilice desta desmedida factura por consumo de auga vén avalada por un informe do Instituto Galego de Vivenda e Solo no que se informa que a zona verde que pertencía aos edificios se cedeu ao Concello que inutilizou o sistema de rego primitivo da zona verde que estaba no cuarto de contadores interior. O caso é que non se bloquearon as saídas de auga cara a zona axardinada dos contadores da comunidade.

Os populares anuncian que presentarán un rogo apoiando aos afectados de Aquilino Iglesias Alvariño lamentando a inxustiza e o atropelo ao que se vén sometidos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies