CulturaEconomíaTransparencia

O PP denuncia que o BNG utiliza o servizo de cultura para contratar a dedo empresas de ex concelleiros nacionalistas

By 5 Marzo, 2020Sin comentarios

Antonio Ameijide manifestou que “semella que os nacionalistas están tecendo un chiringuito cultural para beneficiar a persoas afíns ao seu ideario político” desvelando que “unha empresa cooperativa galega multiplicou por cinco, entre setembro de 2019 e xaneiro 2020, os contratos co concello de Lugo”

O PP denuncia que semella que a xestión cultural en Lugo estase a converter nun chiringuito que o BNG utiliza para “enchufar e financiar” a afíns ao partido. Este chiringuito cultural vén avalado por un dato moi revelador “en tan só cinco meses deste mandato do bipartito, disparáronse os pagos a unha Sociedade Cooperativa Galega cuxa responsable é a que foi a número 2 do BNG de Cerceda”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “dende xaneiro de 2019 a setembro de 2019 esta compañía recibiu por diferentes traballos en Lugo 7.900 €, e que sorpresivamente tralo pacto do bipartito de Lugo esa mesma entidade, en tan só cinco meses, quintuplicou os seus beneficios pasando a ingresar 36.273 €”.

As facturas de Urdime S. Cooperativa Galega emitíronse entre os meses de setembro de 2019 e xaneiro de 2020 e corresponden a un pase dun espectáculo de contacontos na biblioteca municipal (setembro  -1.240€); a catro representacións teatrais (outubro e novembro– 6.223 €); e para actividades de Nadal como foron a coordinación e dirección artística da Cabalgata e o programa de Brinquedos de Nadal (28.810 €).

Os populares afirman que estas facturas parecen indicar que os nacionalistas “tentan montar un chiringuito privado con cartos públicos para beneficiar a empresas, sociedades ou asociacións con carné nacionalista”.

Os populares denuncian que o PSOE de Lugo é corresponsable desta situación amparando este tipo de prácticas e, mesmo dándolle as instrucións axeitadas despois de 20 anos seguindo esta estratexia sectaria no Concello. Agardamos que Méndez non se escude en que  “non son áreas da súa competencia”.

Para os populares é “inadmisible a forma de traballar dos nacionalistas” asegurando que “se rin dos lucenses xa que presumen de transparencia cando logo actúan de forma sectaria ata nas contratacións”. Ameijide non librou aos socialistas deste caso de amiguismo xa que censurou que a alcaldesa “é cómplice de toda esta cacicada”.

Por último, os populares solicitarán o acceso a estes expedientes e a outros similares avanzando que “é necesario clarificar a que se adicaron os case 300.000 € que o BNG gastou de máis no San Froilán por se acabaron beneficiando a empresas do entorno dos nacionalistas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies