O PP denuncia que o bigoberno aposta por privatizar a nova unidade de atención temperá que concede a Xunta

By 25 Maio, 2021Servizos sociais

A concelleira do Grupo Municipal do PP Cristina Abades amosou a súa sorpresa por esta nova externalización de servizos no Concello de Lugo, sobre todo porque o goberno local unicamente valorou dende o primeiro momento a opción de prestar este servizo a través dunha empresa privada

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Cristina Abades, lamenta a decisión do goberno local de Lugo de “privatizar” a nova unidade de atención temperá que comezará a funcionar no municipio.

A popular denuncia que nin sequera se preocuparon en valorar a posibilidade de prestar este servizo a través de persoal propio do Concello e xa dende o primeiro intre contemplaron a vía de “externalizar” este servizo, polo que “se privatizará un novo servizo do Concello”.

Cristina Abadesa afirma que despois do realizado nos últimos 22 anos polos diferentes gobernos socialistas á fronte do Concello de Lugo “non nos sorprende” esta privatización, xa que están a realizar un “desmantelamento sistemático” dos servizos públicos municipais. “O que nos sorprende fondamente é a postura do BNG, que dende a oposición defendía a municipalización dos servizos externalizados pero que agora consente co seu voto a privatizan constante de servizos”, lamenta.

A concelleira popular explica que consideramos importante reforzar á atención ás persoas, sobre todo, a atención temperá á infancia, sendo o ámbito municipal o máis idóneo para a prestación deste tipo de apoio aos menores.

Neste senso, dende a Xunta de Galicia ofrécese aos concellos, dende hai varios anos, recursos económicos destinados á creación destas unidades (117 municipios beneficiáronse deste servizo no 2020).

Ante esta situación, o Grupo Municipal Popular solicitou no pleno de febreiro de 2020 que o goberno municipal solicitara unha axuda á Xunta para a creación dunha unidade de atención temperá. A tenor dos feitos, tomaron nota no bigoberno desta petición, xa que neste ano solicitaron este recurso tan necesario para dar cobertura aos nenos e nenas con necesidades especiais de 0 a 6 anos.

En abril a Xunta concedeu ao Concello de Lugo unha axuda para a implantación dunha unidade de atención temperá, pero “o que nos sorprende” é que o bigoberno aposte por privatizar esta unidade.

Leave a Reply

twenty − twelve =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies