MujerServizos sociais

O PP denuncia que o bigoberno aboca á indefensión ás mulleres vítimas de violencia de xénero ao non cubrir as vacacións das traballadoras que atenden os pisos de acollida municipais

By 6 Agosto, 2023Sin comentarios
  • O Concello de Lugo non cubrirá as vacacións das traballadoras da casa da muller, pese a que dende o Partido Popular levan anos denunciando esta situación. A popular recorda que “xa é habitual que nas quendas de vacacións non se cubran as 24 horas de atención presencial ou telefónica ás mulleres maltratadas acollidas en pisos municipais”, algo sorprendente, xa que “non deberían deixar sen atención ás persoas que acoden a este servizo”.

 

  • Mar Carballas incide en que este xeito de actuar afecta ao funcionamento e á calidade do servizo que se presta ás persoas usuarias destes pisos e recorda que “é un servicio esencial”, no que hai que prestar unha atención presencial nas quendas de mañá (8.00 a 15.00 horas) e nas de tarde (15.00 a 22.00 horas) así como de atención localizada telefónica durante as noites e os fins de semana, polo que esixirán que “cubran as vacacións e reforcen o cadro de persoal para garantir esta atención as 24 horas”.

 

  • Os populares recordan que “aínda queda unha praza de Traballadora de Familia sen cubrir” na Casa da Muller e demandan ao bipartito que “a cubra de forma inmediata para garantir a atención social, xurídica e clínica que se presta neste servizo municipal”

 

  • A popular incide na falta de previsión, planificación e concienciación que mostra o goberno de Lara Méndez ao non considerar este un servizo esencial a pesar das campañas de sensibilización que en contra da violencia de xénero se realizan dende o Concello. Así mesmo, recorda que “o apoio as vítimas violencia de xénero non se predica, senón que se practica”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies