O PP denuncia que catro anos e medio despois de readxudicar o contrato do transporte urbano Lugo segue sen a reestructuración total do modelo

By 10 Agosto, 2020Transporte urbano

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide lamenta que a piques de chegar ao ecuador deste contrato (adxudicado por un período de 10 anos), iniciado hai dous mandatos por López Orozco, os lucenses seguimos agardando pola renovación das liñas de transporte, cambio que tiña que efectuarse no primeiro ano da concesión

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia a “arcaica” situación na que vive o transporte urbano en Lugo a pesar de que estamos a piques de chegar ao ecuador do contrato deste servizo, que se readxudicou en febreiro de 2016, e todo a pesar de que Lugo conta cunha magnífica flota de autobuses e unha empresa con experiencia a nivel internacional.

Antonio Ameijide sinala que semellaba que este novo contrato sería o punto de inflexión para renovar o transporte urbano de Lugo, pero vemos como “todo segue igual” a pesar de que neste contrato se asinou que había que renovar todas as liñas de transporte no primeiro ano da posta en servizo do contrato.

Para o concelleiro popular o único gran cambio que houbo nos autobuses urbanos de Lugo foi a cara do concelleiro responsable deste servizo, xa que pasou de mans de Lara Méndez ao vicealcalde, Rubén Arroxo. Un cambio que semellaba que sería positivo para este servizo, dada a boa predisposición de Arroxo nas xuntanzas que se mantiveron nos últimos meses, pero que “parece non serviron de nada”. “A realidade é que no mandato anterior Lara Méndez se empeñou en boicotear este servizo e parece que pasamos a outro mandato no que a rexedora se está a encargar de que o novo responsable do servizo non poida facer nada por melloralo”, indicou.

Antonio Ameijide recorda que a tramitación deste contrato comezou hai tres mandatos, co anterior alcalde José López Orozco, e “por desgracia hoxe todo sigue igual”. Aínda segue pendente poñer en marcha medidas do Partido Popular como:

  • Reestructuración integral de todas as liñas, cubrindo toda a cidade con percorridos máis curtos e frecuencias de paso entre 10 e 15 minutos
  • Transbordos gratuítos, establecendo puntos que sirvan de nós para facilitar transbordos
  • Gratuidade para menores de 18 anos, xubilados pensionistas, parados e familias con escasos recursos
  • Creación dunha APP para móbiles para informar, en tempo real, das chegadas de autobuses, frecuencias, enlaces e posibles incidencias no servizo
  • Mellorara da información das paradas coa posta en funcionamento dos paneis dixitais e colocación de novos paneis informativos

O concelleiro popular lamenta que nos últimos anos o único que se fixo polo transporte urbano foi pintar de cor vermella tres autobuses, “esa foi a gran revolución nos autobuses urbanos de Lugo”.

Leave a Reply

seven + 20 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies