Medio Ambiente

O PP denuncia falta de limpieza nos xardíns situados no entorno da muralla

By 21 Xullo, 2016Sin comentarios

A concelleira popular Ana López Pombo pide a limpeza dos puntos onde se acumulan restos de envases, botellas ou excrementos así como a reparación do mobiliario deteriorado nos xardíns de García Morato, San Roque e o situado ao carón da capela do Carme.

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia a suciedade que presentan os xardíns públicos situados nas inmediacións da muralla así como os diferentes parques infantís que hai en distintos barrios da cidade. A concelleira popular Ana López Pombo reclama ao goberno municipal que se preste unha mayor atención á limpeza destes espacios xa que, durante o verán, co incremento de usuarios que realizan actividades ao aire libre se multiplican os desperdicios.

Ana López Pombo explicou que “tanto no xardín de San Roque como na escaleira pola que se accede a esta zona de lecer dende Montero Ríos se acumulan restos de envases, papeles e defecacións … outro punto onde é necesario incrementar a limpeza é nos xardíns de García Morato (fronte á estación de autobuses) ou mesmo o xardín que hai ao pé da capela do Carme”. A edil do PP manifestou que se trata de espacios polos que, durante o periodo estival, pasan numerosos turistas, peregrinos e veciños polo que se  precisa “dun plan de mantemento para que sempre estén en perfecto estado de revista”.

López Pombo indicou que “estamos falando de zonas que teñen unhas dimensións reducidas e que están ubicadas a escasos metros de bens declarados Patrimonio da Humanidade como son a muralla ou o camiño de Santiago”. “É evidente que os cidadáns temos moita responsabilidade pero tamén se fai necesario un mínimo de conservación por parte do goberno local”, reflexionou a edil popular.

López Pombo afirma que “coa chegada do bo tempo estas zonas de lecer se converten en puntos de reunión malia que non sempre reunen as condicións idóneas para disfrutar delas con total garantía de hixiene e seguridade”.

López Pombo afirma que un goberno que presume de recibir “unha escoba de ouro” ten que estar a altura instando a que “se esforce para que tanto estes espazos axardinados como os parques infantís presenten, nesta época, a súa mellor imaxe”.

A concelleira popular, ademais de pedir un incremento na periodicidade da retirada do lixo nestes xardíns situados nas inmediacións de bens declarados patrimonio da humanidade, solicita que se estude a colocación de máis papeleiras naquelas zonas de esparmento onde os que hai resultan insuficientes e como exemplo citou o caso das costas do parque de Rosalía onde só hai “unha único recipiente en todo o percorrido dende a explanada dos bancais ata a zona de aparcemento de autocaravanas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies