Tráfico

O PP denuncia demoras de máis dun ano na concesión de vaos

By 17 Marzo, 2017Sin comentarios

 O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, detalla que o Concello autorizou onte sete pasaxes tanto para empresas como para particulares, das que algunha levaba pendente dende xaneiro de 2016

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide denuncia demoras de máis dun ano na concesión de vaos tanto a empresas como a particulares.

Nesa liña, Ameijide explica que ao longo do día de onte o Concello de Lugo autorizou un total de sete pasaxes (tres delas de firmas privadas e outras catro a veciños), das que dúas levaban pendentes máis dun ano: en concreto, unha para Flor de Malva fora solicitada o 13 de xaneiro de 2016 e outra para Marqués de Ombreiro o 2 de febreiro de 2016. A este respecto, o popular acusa aos socialistas de “ralentizar” a actividade económica ao non facilitar “unha tramitación áxil” destes permisos, “chave para o desenvolvemento dalgún sector” coma o dos talleres.

Para os populares, estas estatísticas, que veñen a sumarse ás de retrasos de ata sete anos nas reclamacións por responsabilidade patrimonial e ás de numerosos meses nas licenzas de obra, ratifican “outra vez, a nula vontade política da alcaldesa por desatascar vellos problemas herdados aos que, dous anos despois da súa chegada, aínda non lles fixo fronte”. “Cifras así o que demostran é o que sempre dicimos de que a alcaldesa poderá ter un dez en márketing e fume, pero en xestión non pasa dun cero redondo”, asegura.

Preguntas ao goberno.-

Á vista desta situación, e tendo en conta que a solicitude máis recente é do 18 de agosto “polo tanto, de hai máis de medio ano”, os populares sospeitan que haxa máis autorizacións pendentes, polo que presentaron unha batería de preguntas para saber cantas solicitudes de vaos están actualmente sen resolver, así como para coñecer o número de baixas rexistradas de pasaxes dende o 1 de xaneiro de 2015 ata a actualidade e para dispoñer do número de sancións impostas por vaos ilegais.

Por último, Antonio Ameijide opina que “case dous anos despois de que, en contra da súa vontade, Lara Méndez asumira a alcaldía, xa non ten a excusa de non coñecer o Concello no que, por certo, nin sequera estaba empadronada no momento das eleccións, vai sendo hora de que comece a tomar as rendas do seu cargo”. 

Responder

three × one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies