Servizos sociais

O PP denuncia a acumulación de queixas de usuarios do Servizo de Axuda no Fogar

By 20 Setembro, 2016Sin comentarios

 Mari Teijeiro explica que “varios veciños manifestaron o seu descontento co servizo” logo de recibir a atención de 10 ou 12 persoas distintas “nun prazo de oito meses” ou, noutros casos, de ata oito coidadores nun mesmo fin de semana

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Mari Teijeiro denuncia a acumulación de queixas dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

A popular explica que “nos últimos meses sucedéronse as protestas” polo descontrol dos socialistas “que se desentenden deste tipo de situacións”. En concreto, algúns veciños aseguran sentirse “descontentos co servizo”, no que advirten “atención deficitaria e descoordinación” que lles causa “trastornos” e “desequilibirios emocionais”, en referencia a que ao longo dos oito meses de 2016 pasaron polo seu domicilio “entre dez e doce persoas” para dar cobertura en sábados e festivos. “E ademais tamén lamenta que nin sequera se lle comunicasen previamente estes cambios”, destaca Teijeiro.

Paralelamente, a edil popular detalla que outros usuarios quéixanse de ter oito coidadoras distintas nunha única fin de semana. “Por certo, este documento, que está no expediente de contratación, casualmente extraviouse e non chegou á Comisión de Queixas”, ironiza, ao tempo que apunta que “vendo este comportamento pouco democrático do goberno, non nos estrañaría que houbese máis reclamacións que nos oculten”.

A concelleira popular responsabiliza da situación “ao goberno municipal”, que “dende o primeiro momento se desentendeu de garantir a prestación dos servizos conforme ao que establece o prego de condicións”. Nese senso, apunta que “os socialistas consentiron que esta empresa estivese traballando para o Concello durante varios meses malia a incumprir un dos requisitos principais”, en referencia a que a firma privada non estaba inscrita no Rexistro Único de Entidades Pretadoras de Servizos Sociais (é dicir, que a comunidade autónoma non a autorizara para estes servizos). Nese senso, Mari Teijeiro expuxo que o contrato se formalizou con data 25 de abril de 2016 (por unha duración máxima de catro anos e un custe de 2,2 millóns de euros) e, aínda que dende o Concello se lle advertiu o 2 de maio de 2016 de que non posuía a documentación precisa para formalizar o contrato, o 2 de maio asínase igualmente a acta de inicio do servizo. “E hai que ter en conta que pasaron case tres meses ata que a empresa dispuxo desta certificación”, subliña a concelleira popular, posto que o 16 de maio de 2016 a firma privada entregou copia da solicitude de alta neste rexistro, que tramitara o 11 de maio, pero ata o 19 de xullo non foi aprobada e ata o 21 de xullo non foi recibida no Concello.

Outro incumprimento está relacionado con que a día de hoxe a empresa aínda non lle entregou ao Concello copia dos contratos dos traballadores asignados a este servizo, “que deberan ser catro coordinadores tendo en conta o volume de case 400 usuarios, aínda que neste momento teño constancia de que hai só tres”, di Teijeiro. A este respecto, censura que “tal como consta no expediente, a responsable municipal deste control deu por feito que xa se remitira a documentación, pero cando falamos de persoas e con todos os antecedentes deste departamento non se pode dar nada por sentado”. Ante esta situación, a popular denuncia que “de novo o goberno municipal volve poñer aos lugueses nunha situación de desamparo, e, de novo, é dobremente grave por tratarse de persoas en situación de especial vulnerabilidade”. “Chove sobre mollado e quen sofren as consecuencias, outra vez, son os lugueses”, conclúe. 

Responder

five + six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies