Turismo

O PP critica que o goberno local perdeu na Semana Verde de Silleda outra oportunidade para a difusión da imaxe e da marca Lugo

By 6 Xullo, 2022Sin comentarios

Beatriz Vázquez visitou a Semana Verde de Silleda e comprobou as grandes oportunidades de negocio e promoción turística que ofrece este evento internacional, no que Lara Méndez e Rubén Arroxo deixaron pasar unha nova ocasión para a promoción do municipio

A promoción turística de Lugo, que contribuirá a mellorar a economía local e a situación dos negocios da cidade, segue a ser un dos grandes debes do bigoberno de Lugo, que realiza “un traballo mínimo, por non dicir nulo” da promoción da imaxe do municipio no exterior, de cara a atraer visitantes que activen a economía da cidade.

A concelleira Beatriz Vázquez fai esta reflexión despois de visitar a Feira Internacional da Semana Verde de Silleda, onde o goberno local “de novo desperdiciou outra oportunidade para dar promoción a Lugo como destino turístico, que é unha das nosas fortalezas de negocio”.

Durante esta última edición da Semana Verde de Silleda houbo unha gran afluencia de público, xa que por estas instalacións pasaron 95.042 visitantes. Na zona de Turexpo Galicia, os expositores aumentaron nun 9% e a superficie de exposición nun 23,4%.

Uns datos que nin para Lara Méndez nin para Rubén Arroxo son o suficientemente interesantes para dar unha promoción axeitada da imaxe de Lugo. “É unha mágoa que se perdera esta oportunidade de promoción de cara ao verán xa que se puido facer unha máis que interesante promoción turística para activar os negocios da cidade, facendo un esforzo para reforzar a nosa posición como destino turístico, difundido as nosas riquezas patrimoniais, paisaxísticas, gastronómicas…”, lamentou.

O certo é que Lara Méndez, aproveitando a súa condición de membro e presidenta do Eixo Atlántico, podería buscar alianzas con todas as cidades portuguesas que dende o sur ao norte estaban presentes na Semana Verde de Silleda, “para difundir, potenciar e afianzar a imaxe de Lugo”.

Na Semana Verde de Silleda tamén tivo lugar o V Encontro de Bloggers de Turismo, tendo como un dos seus elementos máis destacados a ‘Bolsa de Contratación Turística’ que contou con preto de 2.100 xuntanzas entre 134 empresas e 35 touroperadores de 11 países diferentes. “Dende o Grupo Municipal Popular levamos anos demandando que a imaxe de Lugo se potencie a través de bloggers, xa que na actualidade é unha das mellores canles de promoción, pero non podemos esquecer as canles tradicionais de comunicación, xa que apoiándonos en todos os medios teremos máis opcións de difundir e dar a coñecer a imaxe de Lugo, pero, lamentablemente, vemos como Lugo segue a quedarse atrás neste eido”, criticou.

Neste certame tamén se celebrou ‘Festur’, un espazo no que se deu promoción a 44 festas galegas de interese turístico, “outra oportunidade desperdiciada polo bigoberno de Lugo”. “Tanto o PSOE como o BNG non fan máis que vender fume e dicir que están a traballar para mellorar a economia da cidade, cando a realidade é que non fan nada pois tendo todo diferentes oportunidades ao alcance da man non son quen de aproveitalas”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies