EconomíaPersoal

O PP critica que o goberno de Lara Méndez siga a ser moroso e non cumpra coas súas obrigas coa Seguridade Social como si que fan os lucenses

By 12 Agosto, 2022Sin comentarios

Mar Carballas explica que Lara Méndez non pagou a actualización da base de cotización trala suba do salario mínimo interprofesional o que provocou que a Seguridade Social xa reclamase a débeda dos meses de setembro e outubro de 2021, pero xa con recargo por non pagar en prazo

O goberno de Lara Méndez segue a ser protagonista negativo en materia económico e de novo por non dar exemplo aos lucenses ao non cumprir coas súas obrigas con outras administracións.

A concelleira popular Mar Carballas explica que o Concello de Lugo vén de recibir unha reclamación da Tesourería Xeral da Seguridade Social para que proceda ao pago da actualización da base de cotización trala suba do salario mínimo interprofesional, pero con recargo ao non facelo en prazo. “Para poder pagar as posibles diferenzas entre as bases de cotización pagas e as establecidas polo Ministerio, a Tesourería Xeral da Seguridade Social fixo unha actualización masiva e estableceu uns prazos para facer os ingresos das diferenzas sen recargo, pero o Concello de Lugo non cumpriu e agora hai que pagar máis”, lamentou.

Polo de agora a Seguridade Social reclamou a débeda dos meses de setembro e outubro de 2021, pero “é posible que nas vindeiras semanas reclame a actualización pendente dos meses restantes”. “Agardamos que con esta denuncia pública, Lara Méndez se poña a traballar e regularice esta situación”, afirmou.

Mar Carballas recorda que esta actualización do salario mínimo interprofesional recóllese no Real Decreto 817/2021, do 28 de setembro e que o 4 de decembro de 2021 publicouse no BOE a Orde PCM/1353/2021, do 2 de decembro, pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, desemprego, protección por cesamento de actividade, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional para o exercicio 2021 con efecto retroactivo ás bases de cotización de setembro 2021.

Responder

3 × 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies