Urbanismo

O PP critica que Lara Méndez néguese a aprobar os trámites para a aprobación definitiva do PXOM, plan que ten o informe favorable da Xunta

By 26 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Lara Méndez negouse hoxe a aprobar os trámites precisos para a aprobación definitiva do PXOM, plan que xa conta co informe favorable da Xunta de Galicia, amparándose en que ten que enviar de novo o plan xeral ao goberno galego.

Dende o ano 1998 que se deron os primeiros pasos na elaboración do PXOM, segue a ser, tras 25 anos, unha asignatura pendente para o goberno local da cidade de Lugo.

Foi na década do 2000 cando o Partido Popular fixo unha importante labor de divulgación deste documento chegando a numerosos veciños dos diferentes barrios da nosa cidade. Dende as primeiras votacións, aló polo ano 2011, o GMPP votou a favor dun plan que non era o idóneo para Lugo pero sempre ca premisa de que era mellor ter un mal plan que non telo.

Transcurriron 11 anos máis para que o Concello de Lugo se tomase en serio este documento e retomase a súa tramitación. Por fin en xuño de 2022 anunciaban a presentación da documentación requerida, pero non era unha declaración de intencións, era únicamente un anuncio valeiro, novamente.

No mes de setembro de 2022 a Xunta daba o visto bó e facía que o PXOM estivera máis cerca de ser unha realidade para os veciños, sobre todos para esas 21 (dun total de 54) que se ven afectadas por esa falta de ordenación.

Lugo leva moitos anos cun PXOM parcial, cun 5% pendente, o que obriga a remitirse a normas subsidiarias deixando aos propietarios de 1100 hectáreas distribuidas por todo o municipio nun limbo de incertezas administrativas e sen capacidade para o desenvolvemento económico. Teñen transcorridos catro meses desde ese informe favorable da Xunta de Galicia, tempo suficiente para que o goberno  de a por rematada a tramitación deste documento e Lugo poda contar un PXOM que afecte á totalidade da superficie do municipio.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Aprobar de xeito urxente os trámites precisos para a aprobación definitiva dun plan que xa conta co informe favorable da Xunta de Galicia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies