InfraestruturasMedio Ambiente

O PP critica o desperdicio de auga nunha fuga en Castelo que estivo sen reparar máis dun día enteiro en plena seca

By 1 Setembro, 2022Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide critica que o goberno local de PSOE e BNG premie a unha multinacional que non resolve con dilixencia as fugas de auga “renovándolle hoxe a prórroga por un importe de 117.551€”

O Partido Popular lamenta o malgasto de litros de auga por mor dunha fuga que se detectou este domingo en Castelo de Abaixo “a empresa que o concello ten contratada para reforzar a brigada de augas e prestar un servizo 24 horas acudiu logo de que os veciños avisasen á policía pero cando chegou, alegando que non tiña medios, non fixo a reparación nin tampouco cortou a auga”.

Para o vicevoceiro popular é “grave” que en plena seca se deixe correr a auga deste xeito durante un día xa que ata o luns non se fixo a reparación que finalmente realizaron os operarios da brigada municipal de augas os que resolveran esta avaría.

Antonio Ameijide reflexionaba sobre a falta de control que hai no goberno local das empresas concesionarias “externalizaron as reparacións das fugas de auga para reforzar á brigada municipal que o PSOE desmantelou para privatizar o servizo”. O contrato con FCCAqualia formalizouse o 16 de outubro de 2020 e tiña unha vixencia dun ano con 1+1 de prórroga.

Esta denuncia do PP coincide coa adxudicación hoxe en xunta de goberno da segunda e última prórroga que suporá un pago anual de 117.551 €. Para os populares “é indignante que se esté premiando a ineficacia” subliñando que “non se trata dun caso illado”  e lembran como “a non disposición de medios suficientes dentro dos tempos máximos de resposta de forma reiterada poderá dar lugar á suspensión do contrato”.

Antonio Ameijide lembraba como “cando se fixo reparación de avaría en Fermín Rivera non tiñan pala e tiveron que picar con medios manuais o que supón máis tempo e máis molestias para a veciñanza; tamén o caso dunha fuga no Parque do Miño onde a empresa abriu unha zanxa para localizar unha fuga que non atopou e logo tivo que ser a brigada municipal a que tapaba esta zona de traballo”. Hoxe mesmo os seus operarios traballaban na reparación dunha avaría na Rúa Mercadorías no polígono do Ceao o rechamante é que “esta avaría detectouse en fin de semana, a empresa concesionaria atendeu a chamada pero como viu que non afectaba a ningunha nave cortou a auga e quedou sen solucionar”.

Responder

5 × 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies