O PP critica o desleixo do goberno local por non licitar os paneis de información multimedia despois de que o concurso quedase deserto en maio de 2019

By 21 Outubro, 2020Servizos xerais

A concelleira do Grupo Municipal do PP Sagrario Sánchez explica que o 24 de maio de 2019 a mesa de contratación declarou “deserta” a licitación do contrato de instalación, mantemento e explotación dos paneis informativos de Lugo, sen que fixeran nada desde entón por recuperar este útil servizo de información para a cidadanía

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, pregunta ao goberno local polos motivos de seguir sen licitar o contrato para instalar na cidade os paneis de información multimedia, despois de que o anterior goberno local os retirara en setembro 2018.

Sagrario Sánchez pide ao goberno bipartito de Lugo celeridade na contratación dos novos paneis informativos, xa que se trata dun servizo moi útil para a cidadanía e “tiveron tempo máis que suficiente” para redactar uns novos pregos de contratación, despois de o 24 de maio de 2019 a mesa de contratación declarase “deserta” a licitación deste contrato. “Tiveron tempo suficiente para licitar un novo contrato, máis atractivo e con medidas como paneis multimedia para poder dar máis información aos cidadáns, ademais da hora e da temperatura, e para que estes paneis xa estiveran en funcionamento”, sinalou.

A concelleira popular explica que o último prego que sacou a licitación o goberno local tiña un valor estimado de contrato de 1.965.600€ e tiña unha duración de 10 anos, podendo prorrogarse ata cinco anos máis. Contemplaba a instalación de entre 20 e 25 paneis de información.

Sagrario Sánchez sinala que se trata dun servizo fundamental para a cidadanía, porque ademais da información meteorolóxica, información sobre os aparcadoiros soterrados, información municipal ou avisos sobre a alerta sanitaria pode facilitar información fundamental como rúas cortadas ou avisos urxentes para os cidadáns. Ademais, recorda a edil popular, que en xaneiro de 2019 foi o actual tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, o que urxía á alcaldesa a repoñer estes paneis de información e acusaba ao anterior equipo de goberno de “desleixo”. “Vendo como actuaban na oposición e o que non fan no BNG agora desde o goberno, non sabemos moi ben como cualificar a súa falta de traballo, pero como mínimo tamén se pode tildar como desleixo polo que deben de ter esa mesma máxima axilidade que esixían ao anterior goberno local”, afirmou.

A concelleira popular agarda que o goberno local mude a súa postura neste asunto e se poña a traballar de inmediato para que Lugo conte no menor prazo de tempo posible coas tan agardadas pantallas multimedia de información xa que “as posibilidades de comunicación que ofrecen son moitas, polo que desde o Concello pódese axustar a información para que sexa idónea para a xente en función da zona na que se instalen”.

Leave a Reply

5 + six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies