Infraestruturas

O PP critica a negativa de Lara Méndez e Rubén Arroxo pronunciarse sobre se queren que se execute a Rolda Leste

By 26 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo negáronse a permitir o debate sobre unha moción de urxencia do Grupo Municipal Popular, presentada despois de que o BNG se puxera publicamente en contra e Lara Méndez sementase dúbidas sobre a necesidade desta infraestrutura que ambos levan anos reclamando á Xunta de Galicia

A Rolda Este é unha infraestrutura parcialmente executada, que discorre íntegramente no termino municipal de Lugo, configurando un anel de circunvalación da cidade xunto coas N-640 e N-6.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, recibiu recentemente o proxecto de trazado de prolongación da Rolda Este, dende a glorieta da estrada de Fonsagrada (LU-530) ata a glorieta da Avda. Madrid coa N-6. Unha vía moi demandada por diferentes colectivos da cidade e un compromiso firme da Xunta de Galicia que permitiría pechar o anel de circunvalación, axudando a eliminar tráfico de vías como a do Rato ou a Avda. Fontiñas e que permite establecer o nexo de comunicación principal co Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), que é o centro sanitario de referencia para toda a provincia.

A nova vía, que completa o tramo inicial xa construído entre A Campiña e a estrada de A Fonsagrada, prevé dous carrís por sentido separados por unha mediana incluíndo dous pasos superiores e tres inferiores e un viaducto de 120 m sobre o río Rato e o seu parque.

Estamos a falar dunha infraestrutura clave para o crecemento da cidade que permite vertebrar de norte a sur os desprazamentos e reducir a densidade de tráfico. Un paso máis na comunicación e nunha infraestrutura imprescindible para o desenvolvemento da cidade.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Que o Concello de Lugo apoia a construcción por parte da Xunta de Galicia da infraestructura viaria denominada Rolda Este dando cumprimento a toda a normativa local e sectorial de aplicación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies