Infraestruturas

O PP critica a Lara Méndez por facer seguidismo de Rubén Arroxo e renunciar agora á Ronda Leste

By 30 Marzo, 2023Sin comentarios

Os populares achacan á proximidade das eleccións o cambio de criterio da rexedora que agora renuncia publicamente a esta infraestrutura que esixía á Xunta de Galicia ata onte mesmo

Lara Méndez renunciou hoxe a que se finalice a Ronda Leste. A rexedora, nun claro acto de seguidismo político a Rubén Arroxo, posicionouse do lado do BNG ao votar a favor de pedir que o orzamento para a Ronda Leste se destinase á rehabilitación da Tinería.

Ata o día de hoxe, Lara Méndez e os concelleiros socialistas sempre reivindicaron e defenderon que a Xunta de Galicia rematase a Ronda Leste de Lugo pero “hoxe amosáronse sumisos e seguramente por un órdago dos seus socios de goberno” votaron en contra de rematar esta necesaria infraestrutura.

O pasado 14 de decembro, Lara Méndez en declaracións a medios de comunicación afirmou que “é unha infraestrutura imprescindible para o desenvolvemento da cidade”, pero agora amosa “unha total ausencia de coherencia” seguramente polo nerviosismo instalado no PSOE pola proximidade das municipais.

Unha situación ante que o PP acusa a PSOE e BNG de converter o pleno do Concello de Lugo nun constante mitin político. Nunca presentaron iniciativa algunha, pero nos últimos plenos “vimos como defenderon un aluvión de iniciativas para facer oposición a Elena Candia”.

Ramón Carballo denuncia que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo “fan un uso partidista dun órgano que debería de empregarse para facer cidade e chegar a consensos” pero que “desprezan ao negarse a cumprir os poucos acordos plenarios aos que permiten chegar cando non aplican o rodillo”.

Algúns deses exemplos “son a recuperación dos habituais soliloquios de Lara Méndez para emendar as palabras dos seus concelleiros e atacar, sen posibilidade de réplica, aos concelleiros populares e a candidata á alcaldía do PP e o feito de que o BNG comezou a intervir en todos os plenos, en lugar do seu habitual silencio”.

Ordenanza de urbanismo

Os populares critican que o goberno de Lara Méndez presume de que vai a desbloquear a área de urbanismo coa aprobación que realizaron hoxe, o PP votou en contra, dunha ordenanza de urbanismo que din “ser consensuada” pero da que rexeitaron 80 alegacións presentadas polos colexios profesionais do sector e do propio Partido Popular.

“Queda patente a falta de humildade e nula capacidade de diálogo que atesora Lara Méndez tras ver como a rexedora rexeitou o 97% das alegacións que se realizaron por parte dos diferentes colectivos profesionais e do Partido Popular e aplica o rodillo”, denuncia.

PXOM

Os populares tildan de electoralista o anuncio realizado hoxe polo goberno de Lara Méndez de “someter a aprobación definitiva do pleno o 5% restante do PXOM no mes de abril” unha decisión “que non se pode entender” despois de que o Concello de Lugo ten o visto e prace da Xunta de Galicia dende setembro.

Corredor Atlántico

Os populares agardan que o Goberno central escoite as reivindicacións de Galicia, Asturias, Castela e León e o País Vasco e impulse o Corredor Atlántico e, sobre todo, teña a Lugo en conta e o incorpore a esta necesaria infraestrutura xa que, polo momento, o municipio queda fóra.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies