CulturaTurismo

O PP cre un erro que o bigoberno non utilice toda a potencialidade de Lugo como destino turístico en Fitur

By 22 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Beatriz Vázquez lamenta que se desaproveitou o escaparate que supón Fitur para amosar as fortalezas dos tres Patrimonios da Humanidade que ten Lugo, así como a riqueza natural e monumental das súas 54 parroquias 

Un ano máis, o bigoberno de Lugo deixou pasar outra oportunidade de ouro para facer unha potente promoción turística de todas as riquezas de Lugo “perdendo unha nova edición desta feira Internacional de Fitur ao non presentar ningún produto novidoso e montar un stand no que non había nin un solo folleto editado polo Concello”.

Beatriz Vázquez lamenta que “se desaproveitase o escaparate que supón Fitur para amosar todos os atractivos que concentra a nosa cidade e cos que podemos destacarnos e competir”, “ademais do Arde Lucus e do San Froilán, Lugo conta con tres Patrimonios da Humanidade ademais de toda a riqueza natural e monumental que supón contar con 54 parroquias no municipio”, sinalou.

Para a edil popular “PSOE e BNG van cada un polo seu lado, tentando promocionar unicamente a súa parceliña como se se tratase de departamentos estancos”, ao que engade que “é mágoa que esta falta dunha planificación turística conxunta vaia en detrimento de posicionar a Lugo como destino turístico atraínte”.

A concelleira popular “entende” que ao mellor tanto Lara Méndez como os seus socios do BNG non queren amosar o desastre da súa xestión na cidade, xa que por exemplo deberían de explicar aos turistas por que non funcionan as pantallas dos museos municipais, por que pechan fiestras arqueolóxicas como a da Rúa Nova e as outras amosan cubos de plástico para recoller as goteiras ou por que non son capaces de abrir o novo auditorio.

Responder

five × three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies