O Grupo Municipal do Partido Popular tamén acadou a aprobación dunha proposta para denunciar e condenar de maneira firme a invasión de Ucraína por parte de Rusia e o uso da forza contra un país soberano, proposta que contou co apoio do PSOE e Cidadáns, pero que, curiosamente, tivo o voto en contra do BNG.
Os populares buscaban o compromiso de toda a corporación, algo para o que sinalaron “tería sido mellor acordar entre todos os grupos unha declaración institucional en lugar de defender unha postura cada grupo, xa que o que fai falla agora, máis que nunca, é a unidade de todos contra esta invasión”.