EconomíaInfraestruturasUrbanismo

O PP censura que Lara Méndez agarda á última xunta de goberno para desbloquear desenrolos urbanísticos por fins electoralistas e deixa caducar outros

By 22 Maio, 2023Maio 23rd, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide critica que estes polígonos de desenrolo levan máis de catro anos agardando pola súa aprobación e Lara Méndez os aprobará na última xunta de goberno do mandato unicamente para buscar beneficios electorais

A parálise e a falta de traballo son as palabras que mellor describen os catro anos de mandato de Lara Méndez e Rubén Arroxo, un período de tempo no que tanto a alcaldesa como o vicealcalde paralizaron a economía do municipio a través do bloqueo das licenzas e paralizando os polígonos de desenrolo urbanístico de diferentes zonas.

Tanto é así que, unicamente por intereses electorais, Lara Méndez decidiu levar á última xunta de goberno do mandato a aprobación de varios destes polígonos, zonas paralizadas durante os últimos anos “polo desinterese da rexedora en sacalos adiante”.

Unha decisión que provocou que moitos investimentos privados pasasen de longo do municipio cara outros concellos limítrofes ou outras cidades provocando a paralización económica de Lugo e o empobrecemento do concello ao non permitir que cheguen inversións.

 

POLÍGONO DE DESARROLLO S.15-R

Antonio Ameijide desvela que por mor desta parálise instalada no Concello durante os últimos anos, a declaración de impacto ambiental do polígono de desenrolo S.15-R caducou, polo que haberá que realizar unha nova para poder avanzar no seu desenvolvemento “o que impedirá o avance desta zona durante varios anos”.

O polígono S.15-R está na área en torno á Avenida dos Deportes, Rúa Marqués de Ombreiro e A Cheda). O 29 de abril de 2015 solicitouse ante o Concello de Lugo a tramitación de Evaluación Ambiental Estratéxica, publicándose no DOG o informe ambiental o 15/02/2017, que permite la tramitación del procedemento de modo simplificado.

O citado expediente leva desde 2015 tramitándose no Concello de Lugo, sufrindo diversos atrasos que terminaron provocando a caducidade da declaración de impacto ambiental que ten unha vixencia ou validez de 4 anos desde a súa publicación (caducou o 14 de febreiro de 2021).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies