CulturaInfraestruturas

O PP celebra un novo investimento do goberno de Feijóo en Lugo coa licitación da remodelación integral da Igrexa de San Pedro

By 9 Marzo, 2020Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo explica que este proxecto conta cunha achega de 761.000€ para a execución da primeira fase, polo que se trata da obra de maior contía das que a consellería de Cultura e Turismo financia na provincia de Lugo e a terceira máis importante de Galicia

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, quixo poñer en valor a licitación por parte da Xunta de Galicia da obra de remodelación integral da Igrexa de San Pedro, xunto ao museo provincial. Esta actuación, liderada polo goberno de Núñez Feijóo, conta cun orzamento de 761.000€, nunha primeira fase, que a converten na obra de maior contía das que executa este departamento autonómico na provincia e a terceira de Galicia, só por detrás das previstas na Catedral de Santiago e no mosteiro de Sobrado dos Montes.

Ramón Carballo sinalou que esta actuación é unha demostración máis do compromiso do Goberno Feijóo coa cidade de Lugo e, máis en concreto, co apoio a un monumento que está declarado ben de interese cultural desde o ano 1931. As obras permitirán a práctica remodelación integral do monumento e unha mellora significativa da súa situación estrutural, restauración de elementos decorativos e corrección de patoloxías propias do paso do tempo. Trátase dun dos inmobles máis singulares cos que conta a capital provincial.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies