Limpeza

O PP asegura que a alcaldesa acabará o mandato sen renovar o contrato do lixo

By 22 Outubro, 2021Sin comentarios

Os populares fan este pronóstico logo de que na comisión de economía a concelleira de gobernanza afirmase que se apraza a adxudicación deste servizo ata que se resolva o o contencioso que o goberno local presentou no TSXG por considerar que houbo inxerencias do TACGAL

O voceiro do Grupo Popular está convencido de que a alcaldesa de Lugo acabará este mandato sen renovar o contrato do lixo e a limpeza urbana. “Estamos falando dun contrato que leva catro anos caducado e polo que pagamos con reparos de legalidade 25.5M€” explicaba Ramón Carballo.

O popular fae este pronóstico tomando como punto de partida as respostas que ofreceu esta mañá a concelleira de gobernanza na Comisión de Economía. Nela Paula Alvarellos afirmaba que se ía prolongar esta adxudicación xa que “non se ía facer ata que non resolva o TSXG  o contencioso que o goberno local presentou por considerar que houbo inxerencias do TACGAL”.

O voceiro popular solicitaba información ao interventor sobre os prazos nos que podería chegar a sentenza e o técnico recoñecía  que “en menos de seis meses era difícil que se resolvese”.

Para os populares é moi preocupante que a mala xestión de socialistas e nacionalistas para actualizar este contrato caducado repercute de forma directa na prestación dun servizo fundamental como é este e polo que pagamos os lucenses todos os meses. “É un desprósito que aos veciños que reclaman cambios de colectores se lles conteste de forma automática que o toman en consideración pero que teñen que agardar ata que se adxudique o contrato”. “Nós consideramos que este asunto non se pode tomar á lixeira, que é un problema serio e de salubridade e que algunha medida terá que adoptar a alcaldesa para que non empeore este problema”.

Responder

12 + fourteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies