VIDEOS

O PP agradece cun vídeo os 3.000 apoios dos lucenses para pedir a apertura do auditorio de Magoi

By 23 Febreiro, 2022Sin comentarios

Ramón Carballo lamenta o desprezo de Lara Méndez e Rubén Arroxo aos case 3.000 lucenses que deron o seu apoio para pedir a apertura do auditorio de Magoi xa que nin a alcaldesa nin o vicealcalde responderon á petición de xuntanza realizada polos populares para poñer a disposición as sinaturas recollidas

O auditorio de Magoi segue pechado e sen visos de que se poida abrir nun futuro próximo. Así o apunta o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, despois de ver como tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo fixeron oídos xordos ás reiteradas peticións do PP para a súa apertura.

Unhas peticións que nos últimos días víronse referendadas co apoio duns 3.000 lucenses que asinaron a petición iniciada polo Grupo Municipal Popular, ben nas carpas situadas pola cidade ou na iniciativa comezada na internet. “Queremos reiterar unha vez máis o agradecemento a esas 3.000 persoas que dedicaron un minuto do seu tempo a asinar a petición de apertura do auditorio, o que demostra que os lucenses queren gozar desta gran infraestrutura que custou 25M€ de todos os galegos”, afirmou.

Un apoio unánime da cidadanía que se xestou en tan só seis días, un apoio que “desprezaron” tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo. Recorda Ramón Carballo que unha vez rematada a campaña, puxemos todas as sinaturas a disposición da alcaldesa e o vicealcalde, xuntanza que dende o PP querían aproveitar para pedir a PSOE e BNG unha resposta clara sobre o prazo de apertura desta dotación cultural cuxa obra finalizou hai cinco anos. “A sorpresa é que a resposta que tivemos foi un silencio absoluta, desprezando aos 3.000 lucenses que pediron de forma unánime a apertura do auditorio”, sinalou.

Ramón Carballo recorda esta circunstancia, hoxe 23 de febreiro, cando se cumpren un ano e 8 meses dende que o Concello de Lugo é o titular do edificio, 608 días nos que unicamente vimos como PSOE e BNG se pasaron primeiro a tostada uns aos outros para ver quen das dúas patas do goberno era o que tiña as chaves do edificio e, agora, dilatando a súa apertura, escusándose nas reparacións que hai que facer. “Vemos como sempre están coa mesma escusa: que hai que facer unhas reparacións. A semana pasada vimos como dende o BNG recoñeceron a irresponsabilidade deste goberno local ao dicir que o recibiron con deficiencias. Agora veremos como acaba o conto e cando licitaran os traballos para arranxar esas supostas deficiencias que tiña cando o recibiron, pero que, seguramente, apareceron nos últimos meses por mantelo pechado e o nulo mantemento realizado polo Concello de Lugo”, asegurou.

Responder

seventeen + 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies