Zona rural

O PP apoia aos veciños de San Vicente de Pías para que accedan á fibra óptica

By 17 Abril, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares consideran que “é de xustiza atender esta petición xa que a parroquia afectada por esta exclusión dixital está rodeado de núcleos, como o de Mazoi ou Corral de Arriba, onde está previsto que se inclúan no Plan Estatal de despliegue deste servizo e, por outra parte, en Seivane, xa contan con esta ferramenta”

O Partido Popular apoia aos veciños de San Vicente de Pías que non comprenden como “as súas vivendas están a menos de 100 metros da fibra óptica pero, sen embargo, non poden acceder a ela nin nas súas vivendas, nin na escola que se utiliza como local social ou mesmo no entorno da igrexa parroquial”.

Os populares explicaron que, dentro da cuota que o Grupo Popular cede á veciñanza nos plenos ordinarios, presentarán un rogo para que o bipartito faga as xestións oportunas co Ministerio para  ampliar a instalación da fibra óptica a este núcleo. Segundo recolle o propio decreto, que asinou recentemente a concelleira Paula Alvarellos, se brinda a posibilidade de aumentar a cobertura deste servizo, simplemente é preciso que o concello entregue a correspondente documentación de ampliación do plan”.

Para os populares “é de xustiza atender a esta petición, agora agardamos que o bipartito non poña ningunha pega para levala a acabo e acelere esta tramitación”. “Non podemos permitir que San Vicente de Pías quedue marxinado e aillado dun proxecto do que si gozan nos núcleos dos seus arredores” lembrando como “nos barrios de Santa Eulalia de Mazoi ou Corral de Arriba si entran no plan para dotalos de fibra óptica, e que no de Seivane xa a teñen este servizo”.

Dende o PP argumentan que “é un sen sentido que uns veciños da mesma parroquia teñan fibra óptica mentres outros non poden dispoñer deste servizo”. Os populares comprobaron como a distancia a aumentar neste despliegue é mínima polo que agardan que se considere esta petición que virá avalada coas sinaturas dos veciños afectados”. Asemesmo se comprometeron a chequar se hai outros puntos do municipio que se podan beneficiar tamén deste plan para incorporalos á o proxecto.

Responder

2 × four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies