Medio Ambiente

O PP, ante os graves problemas de seca, pide a posta en marcha da recirculación da auga da depuradora para garantir o caudal ecolóxico de Miño

By 9 Agosto, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide sinala que ante as preocupantes noticias que vemos a diario, a situación de seca importante que presenta o río Miño a estas alturas do ano, e que vai camiño de empeorar, e as medidas restritivas que tiveron que adoptar outros municipios “consideramos necesario poñer en marcha o sistema para recuperar e utilizar a auga depurada” que se instalou no ano 2011 e que nunca se estreou

A preocupante seca que asola todo o país e que deixa unha preocupante imaxe do río Miño ao seu paso por Lugo debe facer que todas as administracións e todos os grupos políticos traballen en común para buscar solucións que, seguramente, pasen por mellorar o uso que se realiza da auga.

Neste punto, Antonio Ameijide lanza unha proposta en positivo que “pode mellorar moito o uso da auga que se realiza no Concello de Lugo e sobre todo garantir o nivel mínimo de auga no Miño” e pide que se active de inmediato a instalación para recuperar poñer en valor e recuperar a auga depurada.

Con este sistema, que se comezou a instalar en Lugo no ano 2008, o municipio daría un dos mellores exemplos posibles “regulando o uso da auga potable para uso humano, deixando a auga depurada para outros fins como a rega, o baldeo das rúas ou mellorar a imaxe do río devolvendo a auga río arriba”.

No Concello de Lugo, a potabilizadora de auga recolle auga do río nun punto en concreto, facilitando o seu uso para as persoas, mentres que a depuradora está río abaixo, onde se trata a auga para que poida volver ao río en boas condicións.

Este sistema garante que se devolve ao río unha parte importante da auga que se recolle, pero moito máis abaixo. Pese a isto, o Concello de Lugo ten instalado un sistema de bombeo de auga para que a auga depurada poida volver ao río nun punto superior, preto da zona de captación, para que o caudal sexa regular durante un percorrido maior, “un sistema que agora se pode poñer en funcionamento para devolver a auga depurada xusto despois da captación e así garantir un caudal ecolóxico”. “Hai anos que Lugo conta con este sistema, pero salvo a proba de funcionamento que se fixo na instalación, nunca se empregou, quizais porque a alcaldesa e o responsable de Medio Ambiente descoñecen da súa existencia e a súa vital importancia en épocas de seca como a que estamos a vivir”, lamentou.

A canalización cara a antiga potabilizadora realízase por unha tubaria que percorre o río pola marxe dereita do río e que o cruza nas inmediacións da antiga estación de tratamento. Un sistema que está listo dende o ano 2011, pero que aínda non se puxo en marcha.

Pero ademais, a auga tratada ou depurada pode empregarse a diario na cidade e na actividade industrial. Con este sistema, a auga que chega á depuradora desinféctase cun sistema de raios ultravioleta que desactivan as bacterias. Logo pode reverterse ao río para garantir un caudal ecolóxico ou almacenarse en depósitos para o seu uso en distintas partes da cidade para usos que non precisen de auga potable, como a rega dos xardíns ou baldeo das rúas, permitindo un considerable aforro e evitando a sobre explotación dos recursos hídricos do Miño, ou determinadas actividades industriais.

Responder

5 × three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies