Economía

O PP alerta que a parálise das licenzas en Lugo bloquea 46.7M€ de investimento privado

By 28 Marzo, 2022Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide explica que “este dato estimativo calcúlase tomando como base os 206 expedientes, que o goberno local confirma, nun documento oficial, que están pendentes de resolver nun caixón, algúns deles dende hai tres anos”


O vicevoceiro do Grupo Popular lamenta que “pola falta de xestión deste bigoberno se bloqueen 46.7€ en investimentos privados en obras maiores”. Esta cifra estimativa corresponde ás 206 licenzas que o goberno local informou que están “en diferentes fases de tramitación, pendentes de resolver (sendo dúas do ano 2019, 35 de 2020, 116 de 2021 e 53 do 2022).

Os populares fixeron este cálculo tomando como base a media de gasto das intervencións autorizadas en 2021 e que foi de 226.573 €. Esta cantidade multiplicada polas 206 licenzas pendentes suma os 46.7M€.

Os populares ofreceron esta cifra na xornada na que se reúnen coa Asociación de Constructores manifestando que non hai escusas que xustifiquen a situación que se vive en Lugo coa tramitación de licenzas. Ameijide manifestou que “o concello como administración máis próxima debería ofrecer solucións e non xerar un problema a este sector que, nas últimas semanas, sufriu outro mazazo coa folga do transporte que motivou o peche de varias obras”.

O vicevoceiro popular lembrou como “o primeiro lastre do bloqueo das licenzas en Lugo é que se frean as contratacións directas relacionadas con gremios vinculados ao sector da construción (electricistas, pintores, escaiolistas); en segundo lugar, afecta ás empresas e negocios vinculados co equipamento  (tendas electrónica, mobiliario …)”. O terceiro lastre é o que repercute sobre o emprego indirecto xa que dentro dos expedientes pendentes de resolución hai casos de ampliación de empresas, novos negocios, ampliacións de naves …” concluíu Ameijide.

Por último, dende o Grupo Popular cren que para desatascar o cuello de botella das licenzas de obra se debería contratar unha asistencia técnica “que actualice e revise todo o que está pendente para que o departamento de urbanismo colla o ritmo e sexa capaz de funcionar de acordo cos prazos que marca a lei”. “Se hai concellos que son capaces de resolver as licenzas en tres meses nós non podemos ser menos”, resumiu.

Os populares tamén recriminaron “a soberbia do equipo de Lara” con respecto á nova ordenanza para as licenzas que elabora o goberno local. “Solicitamos por escrito unha copia e a súa contestación é que “manifesta extemporaneidade do solicitado”. Dende o grupo maioritario da corporación non comprendemos os motivos polos que se negan a tender pontes xa que “se queren un respaldo maioritario a unha ordenanza o lóxico é falalo antes de que a presenten”. “Está claro que o seu ego lles impide sentarse a negociar e iso vailles pasar factura” manifestou Ameijide. “Co doado que sería sentarse nunha mesa e chegar a consensos en beneficio dos veciños e veciñas de Lugo”.

Responder

one + 13 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies