Urbanismo

O PP alerta de que no que levamos de 2022 empeorou “de forma preocupante” a resolución de licenzas no concello de Lugo

By 27 Maio, 2022Sin comentarios

Nos cinco primeiros meses deste 2022 resolvéronse o 60% menos de licenzas en zona urbana que en 2021 e no que respecta a zona rural non se mellorou a estatística de resolución de expedientes

O Partido Popular mantivo esta mañá unha xuntanza con colexios profesionais e con representantes da APEC para chequear a súa opinión con respecto “á complicada situación que teñen os lucenses á hora de tramitar licenzas de obra no concello de Lugo”.

O dato que desvela que “a situación sigue empeorando” témolo na comparativa de licencias resoltas no período comprendido entre xaneiro a maio de 2021 e 2022. No ámbito urbano “o pasado exercicio resolvéronse en xunta de goberno 94 expediente e neste mesmo paréntese de tempo do actual exercicio só saíron 39 licenzas”. No tocante aos expedientes da zona rural mantense o ritmo con “38 licenzas concedidas en 2021 ás 37 licenzas deste 2022”.

Os populares enumeraron as diferentes propostas realizadas “co ánimo constructivo para desatascar o pescozo de botella no que están as licenzas de obra: empregar as ECCOM ou contratar asistencias técnicas puntuais para desbloquear esta situación así como continuar insistindo en recuperar a atención persoal no servizo”.

A última petición sobre esta cuestión foi un rogo que o PP presentou no pleno de onte para conseguir que o concello expida “un documento  que avale o criterio da primeira consulta técnica sobre un proxecto para evitar cambios de interpretacións”. O goberno local saíuse “pola tanxente” ao rexeitar esta petición argumentando  que “o que se pedía estaba fóra da lei. Esta resposta para o PP “é unha escusa absurda que non se fundamenta en ningunha base legal”.

Os populares insisten en que “non podemos permitir que se siga a frear o investimento en Lugo” que cifran nuns 50M€ parados máis os incrementos dos custes polo colapso do servizo municipal, unha situación que está paralizando a economía local.

Responder

2 × 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies