Sen categoría

O PP agradece á Xunta de Galicia a mellora da LU-546 en Nadela, incluíndo o arranxo do estacionamento do Centro de Saúde, como exemplo da colaboración institucional

By 10 Marzo, 2025Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Lugo agradece á Xunta de Galicia a actuación levada a cabo na LU-546, no seu entronque en Nadela, que inclúe a reparación da zona de estacionamento diante do Centro de Saúde. Esta intervención responde ás peticións veciñais e supón un avance en seguridade e accesibilidade para os usuarios do consultorio.

O pasado 17 de febreiro, durante a presentación da proposta do Grupo Popular para humanizar este tramo, os veciños trasladaron a necesidade de mellorar este espazo, que presentaba desperfectos e dificultaba a mobilidade. Con esta obra elimínanse os problemas de acumulación de gravilla na calzada, mellorando tanto a seguridade viaria como a comodidade para os usuarios.

Tralas xestións realizadas polo Grupo Municipal Popular, a Xunta actuou con axilidade para atender esta demanda, e hoxe os traballos xa están en marcha. “Agradecemos a rápida resposta da Xunta, porque estas melloras supoñen un beneficio directo para os veciños de Nadela”, destacou a portavoz popular, Elena Candia.

O Grupo Popular reafirma así o seu compromiso de seguir trasladando as demandas da cidadanía ás administracións competentes, impulsando solucións que melloren o día a día dos lucenses.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies