Cultura

O PP afirma que a participación da xente e o bo tempo “déronlle á volta” a un San Froilán que arrancou con polémica

By 13 Outubro, 2016Sin comentarios

A concelleira popular Encarna Amigo reclama que para vindeiras edicións se planifique con tempo e se peche, antes do verán, o programa xa que “para atraer a persoas de fóra é básico que se coñezan, canto antes, as actuacións”

O Grupo Popular afirma que “o San Froilán 2016 pasará á historia pola controvertida adxudicación das casetas do polbo, unha polémica que quedou nun segundo plano gracias ao bo tempo e a participación e o ánimo da xente”. Deste xeito a concelleira do Partido Popular Encarna Amigo valoraba as patronais á vez que solicitaba ao goberno local que faga públicas as contas “nun prazo de tempo razoable”.

A edil popular recoñeceu que  “tivemos un programa  moi amplo” pero dixo que “se botou en falta actuacións de tirón”. Encarna Amigo afirma que “é evidente que ten que haber actos para todos os públicos e gustos pero hai que ser máis ambiciosos” animando aos socialistas “a poñer no cartel das próximas edicións do San Froilán unha actuación de primero nivel”. Nese senso, a edil do PP pedía ao goberno que “mimase estas festas tanto como miman o Arde Lucus”.

“Hai que planificar cunha maior antelación o programa” proponiendo que as distintas contratacións queden pechadas antes do verán. “Para conseguir unhas fiestas atractivas que atraian a persoas de fóra e, deste xeito, que contribuan á xeración de actividade económica no noso municipio é importante que se vaian dando a coñecer actuacións que lles permita planificarse e ter en mente achegarse a coñecer Lugo e o San Froilán”, destacó Amigo.

No balanzo das festas que realizou a concelleira do PP lamentou que actos como a recepción á corporación de Ferrol perdan  protagonismo “é unha mágoa que non se lle dé a relevancia e a solemnidade que lle corresponde”. A edil popular tamén invitou ao goberno local a tomar nota dunha serie de incidencias para mellorar a organización das próximas festas:

– As incompatibilidades na programación tamén provocaron que nalgunhas actuacións houbera escaso público.

– Mellorar o alumeado público era moi pouco pobre e se colocou “in extremis” o mesmo día no que arrancaban as festas.

–  Actualizar as redes sociales para evitar desinformación.

–  Estudiar ampliar o horario dos museos municipais os días grandes das festas incluso planteando un horario ininterrompido.

– Adiantar as sesións de fogos artificiales cando ao día seguinte sexa lectivo.

– Dar unha pensada a horarios dos concertos xa que houbo queixas de que algúns eran cedo tendo en conta que ao día seguinte era un festivo. (Loquillo ás 21.00 horas)

Con respecto á accesibilidade:

  • Limpeza do paso que comunica a explanada do pabillón con República Arxentina. É necesario sanear en profundidade o camiño xa que se trata dun paso moi utilizado os días de festa para acceder ao recinto ferial dende os aparcamentos disuasorios que hai na zona de Acea de Olga.
  • Repoñer as travesas nas escaleiras que comunican o Parque de Rosalía coas costas do parque e revisión de pasamanos que nalgúns tramos estaban rotos ou soltos.
  • Revisar colocación de aseos públicos. Algunha das cabinas para persoas con mobilidade reducida eran inaccesibles.
  • Con respecto ao tráfico:
  • Ofrecer de forma automática as tarxetas de acceso ao casco histórico daqueles titulares que xa as teñen durante todo o ano. Eliminar engorrosas tramitacións para axilizar esta entrega.
  • Maior promoción dos servicios de autobuses para evitar que por falla de información vaian baleiros.

Comparecencia Basadre

 Por último o Grupo Popular lembra que a concelleira de Cultura terá que comparecer no vindeiro pleno para dar conta sobre a concesión e xestión do programa e a revista oficial do San Froilán así como do proceso de licitación e autorización das casetas do polbo.

 

 

Responder

8 − eight =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies