Cultura

O PP afirma que o fracaso da adxudicación das casetas do San Froilán “era visto” xa que só se favoreceu á especulación

By 9 Maio, 2017Sin comentarios
casta pulpo

Ameijide reclama cambios no prego de condicións para a nova adxudicación suxerindo que se ligue o caldeiro á caseta, que se esixa experiencia hosteleira e que se penalice o incumprimento da oferta “para asegurar a calidade do servizo”

O Grupo Municipal do Partido Popular teme que “pola neglixente actuación do goberno socialista na adxudicación das casetas do polbo” volva a estar no centro da polémica a organización dun dos principais reclamos da vindeira edición das patronais.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide afirmou que a anulación da concesión de dúas casetas e caldeiros do polbo, polas débedas da empresa adxudicataria, evidencia que o prego de condicións que utilizaron os socialistas para concesión destas instalacións “estaba máis pensado en garantir a especulación que en prestar un servizo de calidade”.

Ameijide matizou que, lamentablemente, se cumpriu punto por punto o guión que avanzou o PP “presentáronse empresarios sen solvencia, sen experiencia e fracasou o negocio” engadindo que “queda demostrado que acreditar experiencia no sector hostaleiro si é importante, proba delo é que os adxudicatarios que teñen empresas vinculadas ao sector si cumpriron, en tempo e forma, os pagos e o servizo”.

Dada a trascendencia deste asunto, o Partido Popular presentou un escrito esta mañá para que se convoque de forma urxente a Comisión de Festas e se dé conta da situación na que se atopa esta polémica adxudicación. “É unha provocación que nos enteremos polos medios de comunicación dun asunto desta envergadura” criticando que os socialistas sexan incapaces de chegar a acordos “nun tema como son as festas de Lugo, as festas de todos”. “Están en minoría e actúan de forma unilateral e con prepotencia, non son conscientes da súa realidade e iso é moi perigoso porque cada vez están máis sós” reflexionou Antonio Ameijide. De no convocar nos vindeiros días a Comisión de Festas os populares anuncian que pedirán a comparecia en pleno da concelleira responsable de Cultura para que explique os pasos que se están a dar para cerrar a concesión das casetas.

Ameijide lembrou que o seu grupo, dende o primeiro momento, discrepou coa forma coa que se adxudicaron as casetas do polbo advertindo “dos riscos do prego de condicións nos que se deixaba á porta aberta á especulación”. O popular lembrou que “non se requería ningún tipo de experiencia hostaleira aos que participasen no concurso, tamén criticou  o feito de que non se ligase o caldeiro á caseta”. Ameijide explicou que reclamarán que se incorporen estas dúas peticións as novas bases así como distintas medidas para garantir o cumprimento das ofertas por parte das firmas que se presenten evitando, deste xeito, a especulación e a falta de experiencia no sector.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies