Sen categoría

O PP afirma que Méndez rexeitou entrevistarse coa Ministra porque non ten proxecto de cidade

By 18 Setembro, 2015Xaneiro 12th, 2016Sin comentarios

Castiñeira dixo estar avergonzado  pola “desculpa” da alcaldesa de Lugo que non aceptou a invitación da Ministra para reunirse xa que “se tivese un interese real en buscar solucións para problemas de Lugo sacaría tempo de onde fose para trasladarllos”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular afirma que a negativa da alcaldesa de Lugo de recibir á Ministra “o único que pon en evidencia é que os socialistas carecen dun proxecto de cidade, é escandaloso que non saiba nin o que pedir”.

Os populares lamentan a falta de miras do equipo de goberno que onte desperdiciou “con disculpas pouco cribles” a  oportunidade de informar á Ana Pastor “de forma directa” dos problemas da cidade que podería solucionar o seu Ministerio.

Jaime Castiñeira dixo estar avergonzado pola “escusa de problemas de axenda que alegou a alcaldesa de Lugo” matizando que “se tivese un interese real en buscar solucións e mellorar a calidade de vida dos veciños sacaría tempo de onde fose para trasladárllelos a Ana Pastor”.

Os populares presenten que nuns meses e coincidindo coa campaña electoral “seguramente non terá  problemas de axenda para reivindicar o que puideron reclamar en persoa e en tempo e forma”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies