PersoalTransparencia

O PP afirma que as 3.379 horas extra que Méndez autorizou en 7 meses son consecuencia da mala xestión do persoal municipal

By 7 Outubro, 2019Outubro 11th, 2019Sin comentarios

Os populares aseguran que “nos 20 anos do goberno socialista de Lugo desmantelaron o concello provocando que “os bombeiros e a policía local están en precario, servizos e brigadas municipais extinguidos e o resto do plantel traballando baixo mínimos”

O Partido Popular desvelou que “no que levamos de 2019 a alcaldesa de Lugo autorizou 3.379 horas extraordinarias, un dato que pon de manifesto o grave problema de organización do persoal dentro do Concello de Lugo”.

Os populares aclaran que “é de xustiza que os servizos prestados se retribúan” recalcando que “nós non poñemos en dúbida o traballo realizado polos traballadores municipais, o que poñemos en tea de xuizo é a forma de actuar do equipo de goberno e a mala xestión da socialista Lara Méndez que a leva a abusar de horas extra cando se podería evitar cunha organización axeitada do cadro de persoal”.

Os populares explican que “a autorización das 3.379 horas extraordinarias fixéronse de forma inapropiada” engadindo que “non é que o diga o PP, senon que o afirma o propio goberno cando no punto segundo de cada unha das autorizacións se indica que: “deberá organizarse, racionalizar, ordenar o persoal co obxecto de facilitar un eficaz prestación do servizo público tal e como dispón a lei 2/2015, do 29 de abril do emprego público de Galicia e que se está a desnaturalizar o que é o propio concepto de hora extraordinaria, considerando que debe facerse un control horario de traballo de todo o persoal municipal, acreditativo deste xeito do cumprimento da xornada ordinaria regulamentariamente fixada”.

A mala xestión do diñeiro dos lucenses adicado ás gratificacións extraordinarias así como a situación irregular do 40% do cadro de persoal que se ven de coñecer “son a punta de iceberg dos graves problemas de persoal que ten o Concello e que deberían solucionarse a través dunha nova Relación de Postos de Traballo”.

Esta sobredose de horas extra foron asinadas de puño e letra pola alcaldesa de Lugo polo que “aquí non hai posibilidade de botar ás culpas ao seu padriño político porque Lara Méndez tivo a dous directores xerais que avalaron a política de persoal e ampararon tanto as horas extra como a situación irregular de case a metade da plantilla do Concello”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies